Concello da Coruña

Concello da Coruña

Praias para gozar todo o ano

A Coruña conta con seis praias urbanas e varias calas máis que nos poden servir para nos mergullar, para un relaxante paseo, practicar deporte ou simplemente admirar o océano. Coñécelas? Ademais, entre os meses de xuño e setembro, os días alónganse e poderaste deleitar nos areais coruñeses desde a mañá á noite.

A nosa cidade conta con máis de dous quilómetros de praias, o que a converte nun lugar idóneo para tomar o sol no verán e tamén para practicar todo tipo de deportes marítimos durante todo o ano: surf, vela, windsurf, submarinismo, remo, piragüismo...

No centro da cidade, as praias de Riazor (610 metros), Orzán e Matadoiro (780 metros entre as dúas) fúndense formando unha cuncha aberta ao océano.

Máis agochada, tranquila e abrigada, seguindo o Paseo Marítimo está, aos pés da Torre de Hércules, a praia das Lapas (70 metros), na que poderás descansar cunhas marabillosas vistas a un monumento milenario. Despois chega a praia de Santo Amaro (100 metros de lonxitude) que se sitúa no barrio de Durmideiras; e xa en dirección de saída da cidade, nos Castros, tes a praia de Oza para gozar das vistas á ría do Burgo con Santa Cristina de fronte.

Todas as praias da cidade dispoñen de bandeira azul e de todos os servizos para unha maior comodidade e seguridade. Socorristas, accesos adaptados, duchas, baños etc. Ademais, nalgunha delas atoparás nas súas inmediacións establecementos nos que refrescarte ou comprar un xeado.

Descobre as nosas praias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión