Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña, cidade das bicicletas

Cincuenta quilómetros de carril bici, os coches a un máximo de 30 km/h, un renovado sistema de alugueiro de bicicletas eléctricas e o maior paseo marítimo de Europa. Alguén dá máis?

A Coruña é un referente en España pola súa aposta pola mobilidade sostible. Os seus máis de 50 quilómetros de carril bici, que conectan todos os barrios da cidade, o seu recentemente renovado sistema municipal de alugueiro de bicicletas e a súa declaración pioneira como Cidade 30 fan da urbe herculina unha das máis seguras para gozar das dúas rodas.

BiciCoruña ofrece a posibilidade de alugar bicicletas recentemente estreadas nas 52 estacións repartidas por toda a cidade. Máis de 500 vehículos a disposición dos usuarios en toda a cidade, a metade eléctricas. Un novo sistema permitirá aos visitantes acceder a este servizo de forma dixital ou a través da plataforma web de BiciCoruña . Igualmente existen outras opcións para alugar bicicletas na cidade como Eco-lóxica e Ok Zona eBike.

Queres saber o que sente ao pasear polo litoral marítimo? Non o penses máis e goza da brisa marítima sobre dúas rodas. Espérache unha aventura urbana na que descubrirás monumentos, espazos naturais protexidos, museos aos pés do océano e a mellor gastronomía para repoñer forzas. Roda na Coruña, voa sobre o mar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión