Concello da Coruña

Concello da Coruña

O imprescindible

Torre contorna

Torre de Hércules

Visitar A Coruña ten unha parada obrigada. En Punta Herminia está localizada. desde hai máis de 2.000 anos a Torre de Hércules, o faro máis antigo do mundo que aínda continúa en funcionamentto. Incrible, verdade? 

Xardín de San Carlos

Cidade Vella

A historia que marcou a cidade detense na coñecida como Cidade Vella da Coruña, na que poderás observas a maxestade do pasado desta urbe. 

Cidade Vella

Praza de María Pita

Praza de María Pita

A praza de María Pita, presidida pola heroína coruñesa que lle dá nome, foi proxectada a mediados do século XIX e ten na súa fronte norte o Palacio Municipal, un impoñente edificio modernista iniciado polo arquitecto Pedro Mariño en 1908, que non debes perder.

Modernismo

Avenida da Mariña

Cando o arquitecto Juan de Ciórraga deseñou a fachada das Galerías da Mariña na segunda metade do século XIX, non imaxinaba que a súa obra marcaría tanto a cidade. A Coruña acolle o meirande conxunto de cristal do mundo e o seu encanto foi tal que chegou incluso a crear un concepto propio: "A Cidade de Cristal".

Galerías da Mariña

Museo de Belas Artes

Museos e galerías de arte

Tes moitos para deleitarte e para todos os gustos. Para aprender, tocar ou saborear. Máis aló de poder visitar o noso faro milenario, a Torre de Hércules, na Coruña gozarás de fantásticos museos e salas de exposicións capaces de atraer as miradas e espertar a curiosidade.

Arte e Cultura

Paseo Maritimo

Paseo Marítimo

Máis de 13 km de paseo marítimo para pasear, pedalear polo carril bici, practicar deporte correndo ou tomar o sol nalgunha das súas praias. Toda a beleza do Atlántico nun dos paseos marítimos máis longos de Europa.

Praias

Monte de San Pedro

Monte de San Pedro

Hai un lugar na Coruña que debemos visitar se queremos desconectar do mundo e respirar o aroma do océano Atlántico. Alí poderemos saltar, correr, comer, tombarnos na herba, sacar as mellores fotos, ter as mellores vistas e deleitarnos co son do mar. É o monte de San Pedro.

Monte de San Pedro

Gastronomía

Gastronomía

Seguro que xa o sabes ou que xa cho contaron. Na Coruña cómese moi, pero que moi, ben. Prepárate para todo un festín de produtos frescos do Atlántico, suculentas carnes, o mellor da horta galega e doces que quererás probar si ou si.

Gastronomía

Compras

Compras

A Coruña é unha cidade creativa e de tendencia, capital galega da moda, o lugar onde naceu o xigante téxtil Inditex e que acolle múltiples diseñadores/as, creativos/as e artesáns e artesás. Unha cidade con estilo propio onde atoparás dende pequenas tendas cheas de encanto a boutiques, artesáns, un produto da alta cociña ou grandes superficies comerciais.

Moda, deseño e máis

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión