30 de agosto de 2020
Avanzan os traballos para ampliar a beirarrúa no tramo entre a avenida de Rubine e a rúa Modesto Goicouría
.- Unha vez implantado o carril 30 no Paseo Marítimo, o concello continúa cos traballos de ampliación e mellora da seguridade viaria na avenida Pedro Barrié de la Maza entre a avenida de Rubine e a rúa Modesto Goicouría e na rúa Vía Ártabra, en Monte Alto. As actuacións, que se enmarcan no Plan de mobilidade sustentable, avanzan a bo ritmo, nunha aposta clara por gañar espazos públicos de calidade, segundo afirma a alcaldesa, Inés Rey. No caso de Pedro Barrié de la Maza, a actuación consiste en duplicar a superficie de beirarrúa existente tras ocupar o carril de circulación máis próximo aos edificios. Ademais, reordenarase a sinalización horizontal para deixar dous carrís por sentido de circulación. O prazo de execución é de dous meses e conta cun orzamento de 33.574,66 euros.
Doutra banda, a Concellería de Infraestruturas continúa coas obras na rúa Vía Ártabra en que se construirá unha plataforma única e unha praza na rolda de Monte Alto. Neste aspecto, ampliáronse as beirarrúas, que se pavimentarán con outro tipo de formigón. Tamén se plantarán árbores e levaranse a cabo melloras na contorna do colexio Víctor López Seoane. Os traballos teñen unha partida orzamentaria de 247.000 euros.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible