Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xestión participativa

Gráfico de xestión e seguimento

Dende un primeiro momento de deseño do proxecto, o Concello da Coruña contou coa achega de numerosas entidades do movemento asociativo a nivel local e de gran representatividade dentro do barrio da Agra do Orzán para a definición das liñas mestras de actuación.

Este esforzo inicial vai ter a súa materialización e continuación ao longo de todo o ciclo de vida do proxecto. Por este motivo, para a execución do proxecto URBANA-C deseñouse un mecanismo de concertación e participación social de carácter permanente, o Grupo de Acción Urbana para garantir a correcta gobernanza durante a fase de execución.

Descrición do Grupo de Acción Urbana

O GAU é o órgano de consulta, participación e coordinación social do proxecto. Entre as súas funcións están todas aquelas que teñan un marcado carácter estratéxico para unha correcta execución do proxecto, tales como:

  • Asesoramento aos órganos de goberno do proxecto
  • Comunicación social das actividades do proxecto no barrio da Agra
  • Velar polo cumprimento de principios transversais, e en particular polo cumprimento da igualdade de oportunidades e non discriminación

No marco do GAU tamén se crearán dúas comisións técnicas de carácter específico que se encargarán de reflexionar, coordinar, e desenvolver tarefas operativas no marco dos dous ámbitos temáticos seguintes:

A Comisión de Igualdade de Oportunidades: 
Será a encargada de velar polo cumprimento dos obxectivos do proxecto en materia de igualdade de oportunidades.
A Comisión de Información e Publicidade:
Velará polo cumprimento dos requisitos de información e publicidade establecidos no artigo 69 do regulamento 1083/2006 e a sección I e o anexo XII do regulamento 1828/2006 da comisión do 8 de decembro de 2006.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión