18 de xaneiro de 2025
Xa están rematadas as beirarrúas e instalado o arboredo na parte da baixa da rúa. O luns os traballos de renovación do firme obrigarán ao corte ao tráfico da rúa durante seis semanas
12 de xaneiro de 2025
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, fixo fincapé na necesidade desta medida, ideada para promover o calmado de tráfico ás portas do colexios Calasanz e Calasancias, tamén do centro de saúde dos Rosales
6 de xaneiro de 2025
A concelleira Noemí Díaz apuntou que o abano de intervencións a executar no barrio continuará nos próximos meses coas melloras de mobilidade previstas nas rúas Pedreiras, Río, San Pedro de Visma, Costa e Barral
4 de xaneiro de 2025
Para facilitar o desenvolvemento dos traballos e reforzar a seguridade das persoas usuarias durante a actuación, o Concello pechará temporalmente a sala infantil da biblioteca desde o propio mércores e ata novo aviso
2 de xaneiro de 2025
A intervención, para a que se prevé un investimento de case 90.000 euros, levarase a cabo ao longo da rúa Benela e tamén na calzada que conecta A Silva de Arriba co lugar de Cances
30 de decembro de 2024
Os traballos continuarán nas próximas semanas e está previsto que a obra finalice no mes de febreiro
29 de decembro de 2024
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, subliñou a importancia desta intervención, froito dun estudo previo “atendendo aos fluxos de circulación do tráfico rodado previstos no barrio a curto e medio prazo”
21 de decembro de 2024
O proxecto inclúe actuacións nas rúas Pedreiras, Río, San Pedro de Visma, Costa e Barral
11 de decembro de 2024
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación dos traballos correspondentes á primeira fase de reurbanización e humanización da rúa Sagrada Familia
11 de decembro de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que o proxecto para a construción desta infraestrutura foi aprobado na Xunta de Goberno Local. “Con esta actuación daremos resposta ás demandas das familias e a rapazada do barrio”, expuxo
resultados 36
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible