Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de julio de 2024

Rematan as obras de remodelación do carril bici de Someso, que mellora as conexións co campus de Elviña

O Concello renovou de maneira integral este percorrido dentro da política do Goberno de Inés Rey de apostar pola mobilidade ciclable

O Concello rematou os traballos de remodelación do treito de carril bici existente no barrio de Someso, que tiñan o obxectivo de mellorar e ampliar esta infraestrutura e conectala coa rede ciclable que chega ao sector leste do campus universitario de Elviña.

Os traballos centráronse en dar continuidade ao treito de carril bici da avenida da Universidade, construído e habilitado a mediados do ano pasado. Desta forma, ampliouse o percorrido actual bordeando o CIFP de Imaxe e Son, a rotonda da propia avenida e a glorieta da rúa José Pascual López Cortón, conectando este novo treito de carril bici cun xa existente, mais infrautilizado ata a actualidade: o que transcorre en paralelo ás ramplas de acceso e saída do aparcadoiro do centro comercial Espacio Coruña.

Coa súa renovación, o Goberno de Inés Rey mellora este percorrido dándolle unha sintonía coa estética xeral da rede ciclable da cidade, na que predomina o pavimento diferenciado en cor granate, para facilitar a distinción das persoas usuarias con respecto ás zonas de paso das e dos ciclistas. Neste sentido, o Concello tamén acometeu as tarefas de pintura necesarias para a sinalización horizontal dos puntos nos que haxa pasos de preferencia peonil.

Esta intervención forma parte dos compromisos adquiridos polo Goberno de Inés Rey cos veciños e veciñas do barrio de Someso. A folla de ruta para mellorar os espazos públicos do distrito tamén supuxo, meses atrás, a creación da primeira estación de BiciCoruña na propia avenida da Universidade, fronte ao recinto ferial ExpoCoruña.

A mellora e ampliación do percorrido do carril bici de Someso permite que as persoas usuarias do mesmo cheguen ao campus universitario de Elviña. Concretamente, á contorna do pavillón polideportivo da Universidade da Coruña (UDC), a escasos metros do estadio universitario e as pistas de atletismo. A conexión ciclista de Someso co campus de Elviña é posible grazas á senda ciclable que, partindo desde a rúa Lamelas, pasa baixo o viaduto da avenida García Sabell e, a continuación, continúa por baixo da rede ferroviaria na que se atopa o apeadoiro Elviña-Universidade. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión