Concello da Coruña

Concello da Coruña

Imposto sobre Bens Inmobles

O Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) é un tributo municipal que grava o valor dos bens inmobles nos termos previstos no texto refundido da Lei de facendas locais e na Ordenanza fiscal n.º 51, reguladora do IBI.

Diferéncianse tres tipos de bens inmobles para os efectos deste imposto: rústicos, urbanos e inmobles de características especiais (BICE).

Feito impoñible:

O feito impoñible deste imposto constitúeo a titularidade dos seguintes dereitos sobre os inmobles, por orde de preferencia:

  • Titular dun dereito de concesión administrativa.
  • Titular dun dereito real de superficie.
  • Titular dun dereito real de usufruto.
  • Titular do dereito de propiedade.

Tarifas do imposto:

Os tipos de gravame previstos no artigo 2 da Ordenanza fiscal nº 51 son:

  • Bens Inmobles de Natureza Urbana: 0,618%
  • Bens Inmobles de Natureza Rústica: 0,618%
  • Bens Inmobles de Características Especiais:
    • 1,3 % para os destinados á produción de enerxía eléctrica e gas e ao refino de petróleo, e as centrais nucleares.
    • 0,618 % para as presas, saltos de auga e encoros.
    • 1,3 % para as autoestradas, estradas e túneles.
    • 1,3 % para os aeroportos.
  • Establécense tipos diferenciados para os inmobles de natureza urbana, excluídos os de uso residencial, que superen, atendendo aos usos establecidos na normativa catastral para a valoración das construcións, o valor catastral que para cada un dos usos recóllese no seguinte cadro:

CÓDIGO - USO

VALOR CATASTRAL

TIPO DE GRAVAME

I.- Industrial

Igual ou superior a 400.000. €

0,824%

C - Comercial

Igual ou superior a 600.000. €

0,824%

G - Lecer e Hostalaría

Igual ou superior a 1.000.000. €

0,824%

En todo caso, os tipos de gravame diferenciados a que se refire este apartado só se poderán aplicar, como máximo, ao 10 por cento dos inmobles do termo municipal que, para cada uso, teñan maior valor catastral.

Beneficios fiscais:

Exencións

As principais exencións do Imposto son as seguintes:

  • Están exentos os recibos de inmobles urbanos cuxa cota líquida non supere o importe de 6 euros, así como os inmobles rústicos cuxas cotas agrupadas relativas a un mesmo suxeito pasivo non supere o importe de 6 euros.
  • Exención para as Entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado recollidas no art. 2 da Lei 49/2002.
  • Os Centros Docentes concertados, art. 62.2 a) TRLRHL.
  • Os Bens Históricos, art. 62.2 b) TRLRHL.

Bonificacións

As principais bonificacións son as seguintes:

  • Inmobles obxecto da actividade de empresas urbanizadoras, 50% durante un período máximo de 3 anos, art. 5.1 OF nº 51
  • Vivendas de Protección Oficial, 50% durante un período máximo de 7 anos desde a cualificación definitiva, art. 5.2 OF nº 51.
  • Bens Rústicos de cooperativas agrarias, 95%, art. 5.3 OF nº 51.
  • Familias Numerosas, entre o 20% e o 90%, debe ser solicitada anualmente antes do 31 de decembro para a súa aplicación no seguinte exercicio, art. 5.4 OF nº 51.
  • Bens Inmobles de Ensino Universitario, 95%, art. 5.5 OF nº 51.
  • Bens Históricos afectos a explotacións económicas, 95%, art. 5.6 OF nº 51.
  • Bens de uso residencial onde se instalen sistemasde aproveitamento termico ou solar . 50% art 5.7 OF 51
  • BICE onde se desenvolvan actividades relacionadas co sector pesqueiro, explotación de parques e recintos feirais ou actividades naúticas debe ser solicitada anualmente antes do 31 de decembro, 50%, art. 5.8 OF nº 51.

Impresos e outros documentos

  • mod 042 Solicitude de beneficios fiscais IBI (104 KB)
  • Autorización Renda (53 KB)

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión