Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de outubro de 2024

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá o barrio de Xuxán coa ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue

O Concello inicia a consulta pública previa da ordenanza reguladora das vivendas de uso turístico

Habilitarase na web municipal o formulario público para recoller suxestións cidadás antes da tramitación da nova ordenanza

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá o barrio de Xuxán coa ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, onde se está a construír un edificio de 40 vivendas de protección pública financiadas con fondos PRTR. Rey anunciou que o Concello iniciará esta semana a consulta previa da ordenanza de reguladora das vivendas de uso turístico. Habilitarase na web municipal o formulario público para recoller suxestións cidadás antes da tramitación da nova ordenanza: "Co obxectivo de que toda a cidadanía poida facer as súas achegas", sinalou.

Con respecto á vivenda tensionada, a rexedora criticou a falta de vontade da Xunta de Galicia para aplicar a normativa estatal: "Dispoñendo das competencias e de todos os datos, deberían aplicar a norma sen lles derivar a responsabilidade aos concellos". Segundo datos do propio Observatorio de Vivenda de Galicia, no seu informe de Zonas Tensionadas por Concellos, recoñece que a cidade ten 9 dos seus 12 distritos en situación de ser declarados zonas tensionadas. Con todo, trasladou que a Administración local responderá aos requisitos que pide o Goberno autonómico "para que deixen de poñer escusas e se tomen en serio a política de vivenda".

Segundo cálculos do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, se a Xunta atendese as peticións do Concello da Coruña para que se declare zona tensionada, os coruñeses e coruñesas aforrarían unha media de 400 euros ao ano no pago do alugueiro.

Impulso ao barrio de Xuxán

Rey reivindicou o impulso brindado polo seu Goberno ao antigo Ofimático: "Desde o Concello investimos 11,5 millóns de euros para a urbanización do barrio co obxectivo de dotalo de calidade urbana" explicou. Así mesmo, lembrou que o pasado mes de xuño se licitaron as obras de construción dun edificio de 50 vivendas na parcela Z-37, soar de titularidade municipal e destinado a alugueiro social. O investimento total será de 10,2 millóns, dos cales 2,4 proceden de fondos Next Generation.

A actuación enmárcase no Plan de vivenda 2024-2030 posto en marcha polo Goberno local como resposta á inacción da Xunta de Galicia nos últimos anos: "A Coruña conta na actualidade con máis de 2.400 demandantes de vivenda protexida rexistrados e ao mesmo tempo unha das cidades con menos vivenda pública". O plan recolle obxectivos como o desenvolvemento de polígonos para a construción de vivenda en Visma e Xuxán, a aposta pola vivenda en réxime de alugueiro, a posta en marcha dunha oficina de asesoramento a inquilinos ou a rehabilitación de edificios.

Ao remate da visita ao barrio de Xuxán desplazáronse ao Centro Integrado de Formación Profesional de Someso para coñecer a formación impartida en materia de construcción, xunto co conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, e o concelleiro de Urbanismo e Rehabilitación, Francisco Díaz Gallego.

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión