Aprobación inicial do estudo de detalle no ámbito API P25.2 delimitado no PXOM/13 vixente Falperra, A Coruña (expediente 631/2024/27)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle no ámbito API P25.2 delimitado no PXOM/13 vixente Falperra, A Coruña (expediente 631/2024/27)
A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 27.11.2024, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Estudo de detalle no ámbito API P25.2 delimitado no PXOM/13 vixente (Falperra). Outubro 2024", promovido polo Concello da Coruña, e redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde e Sara Prieto Hortas, cos números de colexiados do COAG 1440, 1475 e 4754, respectivamente.
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará a disposición do público no taboleiro de edictos da sede electrónica do concello, no apartado de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na páxina web de Urbanismo no apartado de exposición pública, e no visor "Desenvolvemento do Plan". Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 09.00 a 13.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 28 de novembro de 2024
O Concelleiro delegado responsable da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Aprobación inicial do estudo de detalle de cubrición de pista exterior do IES Salvador de Madariaga, A Coruña (expediente 631/2022/280).
Aprobación inicial do estudo de detalle no ámbito API P25.2 delimitado no PXOM/13 vixente Falperra, A Coruña (expediente 631/2024/27)
Aprobación da tramitación do convenio urbanístico mixto de plan e execución para o desenvolvemento da Área de Plan Incorporado API Q28 "Parque de Oza" (expediente 631/2024/202)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible