Aprobación inicial do estudo de detalle de cubrición de pista exterior do IES Salvador de Madariaga, A Coruña (expediente 631/2022/280).
15 de maio de 2024
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle de cubrición de pista exterior do IES Salvador de Madariaga, A Coruña (expediente 631/2022/280)
A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o 15.05.2024, acordou a probar inicialmente o documento denominado "ESTUDO DE DETALLE DE CUBRICIÓN DE PISTA EXTERIOR DO IES SALVADOR DE MADARIAGA. ABRIL 2024", promovido pola Vicesecretaría xeral da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e asinado por Juan R. Iglesias Babío e Iván López Veiga, colexiados do COAG números 2663 e 2714, respectivamente.
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará a disposición no taboleiro de edictos da sede electronica do concello no apartado información urbanística; na páxina web de Urbanismo no apartado de exposición pública, e no visor "Desenvolvemento do Plan". Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas.
A Coruña, 27 de maio de 2024
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Aprobación da tramitación do convenio urbanístico mixto de plan e execución para o desenvolvemento da Área de Plan Incorporado API Q28 "Parque de Oza" (expediente 631/2024/202)
Aprobación inicial do estudo de detalle de cubrición de pista exterior do IES Salvador de Madariaga, A Coruña (expediente 631/2022/280).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible