Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de junio de 2024

As bandas Moura e Caldo únense para celebrar o Día da Música no Teatro Colón

O concerto terá lugar o vindeiro 22 de xuño ás 20.00 horas. As persoas que desexen asistir á cita deberán retirar a súa invitación gratuíta en ataquilla.com ou no despacho de billetes da praza de Ourense

A banda coruñesa 'Moura' e o trío vigués 'Caldo' ofrecerán un concerto conxunto polo Día da Música no Teatro Colón, no que experimentarán coa música de tradición oral.

A medio camiño entre a neo-psicodelia, a música tradicional e o rock progresivo, Moura presentar o seu novo EP "Fume santo de loureiro" aínda que tamén interpretarán o seu repertorio máis desexado, con cancións como "Axexan, espreitan". Doutro lado chegará a proposta de Caldo,  máis íntima e moderna como unha das imprescindibles á hora de entender a renovación e posta en valor da música tradicional a través da experimentación sonora. Neste concerto especial, daranlle unha nova perspectiva ao seu novo disco "Lugar A Ponte".

O concerto ofrece a posibilidade de escoitar a dúas das bandas máis recoñecidas do actual panorama galego. Propostas complementarias con dúas linguaxes distintas que conflúen nesta celebración única do Día da Música.

O concerto terá lugar o vindeiro 22 de xuño ás 20.00 horas. As persoas que desexen asistir á cita deberán retirar a súa invitación gratuíta a través da seguinte ligazón ou no despacho de billetes da praza de Ourense.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión