Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de julio de 2024

En marcha ‘A Coruña, que bonito!’, as novas xornadas gastronómicas deste verán con 26 locais participantes

O túnido da Lonxa da Coruña será o protagonista desta iniciativa organizada polo Concello que se desenvolverá desde hoxe e ata o 18 de agosto

Esta mañá presentouse a primeira edición das xornadas gastronómicas 'A Coruña, que bonito', una iniciativa organizada polo Concello da Coruña con tres claros obxectivos: poñer en valor a excepcional calidade do bonito, potenciar a competitividade do turismo gastronómico na cidade e apoiar o sector da restauración. En total son 26 os establecementos que desde hoxe, e ata o 18 de agosto, ofrecerán nos seus menús pratos co bonito da Lonxa da Coruña como protagonista.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, foi o encargado de presentar estas xornadas na planta baixa do Mercado de San Agustín. Participaron tamén Juan Carlos Corrás, presidente da Lonxa da Coruña, Álvaro Victoriano, presidente de Coruña Cociña, e Víctor Fernández, do restaurante Pedra Furada.

Gonzalo Castro agradeceu aos chefs a súa unión nesta campaña xa que "é unha acción que suma ao éxito turístico da nosa cidade, que continúa consolidándose como un dos mellores destinos para visitar a nivel nacional e grazas, precisamente, á nosa gastronomía". O edil tamén subliñou que estas Xornadas Gastronómicas "forman parte das medidas postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para impulsar eventos gastronómicos que contribúan á potenciación do turismo ofrecéndolles produtos de calidade e proximidade".

O bonito da Lonxa da Coruña será o auténtico protagonista destas xornadas e os comensais poderán degustar a súa preparación en 26 establecementos da cidade: Restaurante A Mundiña, Atípico, Cantón 23, Charlatán, Cícero, Chícharo, Culuca, Golosía, Greca, La Con Fusion, La Teresa, Lola Kitchen, Mesón de Herves, Miga, Millo Orzán, O Lagar da Estrella, Pablo Gallego, Peculiar, Pedra Furada, Pracer, Pulpeira de Melide, Salitre, Taberna 5 Mares, Taberna da Tabacalera, Ultramarinos Galera e Vinoteca Jaleo.

Para as Xornadas Gastronómicas 'A Coruña, que bonito!' cada local participante ofrecerá unha proposta diferente e algúns pratos poderán acompañarse dunha maridaxe da cervexa 1906 recomendada por Estrela Galicia, entidade colaboradora.

Estas son as propostas:

A Mundiña: Bonito adubado, sopa de allobranco e tomates cherry pasificados.

Atípico: Bonito, escabeche de cenorias, grosellas e espinaca fresca.

Cantón 23: Bonito encebolado con piparras fritas.

Charlatán: Bonito curado en auga de mar, gazpacho de cereixas e menta chocolate. Recomendada maridaxe cunha 1906 Black.

Cícero: Bonito con guiso de lentellas estufadas. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.

Chícharo: Tataki de bonito, ponzu de cereixas e algas escabechadas

Culuca: Bonito á brasa con escabeche de cenoria

Golosía: Bonito sobre verduras de mar e terra. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.

Greca: Lombo de bonito curado con gazpacho de cereixa

LA CON FUSION: Bonito con pisto, Marmitako ou rolo recheo (3 opcións diferentes)

LA TERESA: Tartar de bonito con manga e piñóns. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.

LOLA KITCHEN: Fideuá de mar con bonito do norte no kamado. Recomendada maridaxe cunha 1906 Pelirroja.

MESÓN DE HERVES: Taquiños de bonito adubado con salsa ponzu, tartar de bonito con shichimi ou lombos de bonito con marmelada de tomate, chícharos e allo (3 opcións diferentes)

MIGA: Bonito do norte asado, allobranco, cebola asada e piparras fritas. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.

MILLO ORZÁN: Bonito e tomate. Recomendada maridaxe cunha 1906 Pelirroja.

O LAGAR DA ESTRELLA: Bonito asado, tomate frito caseiro, zume de bonito e piparras frescas fritas. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.

PABLO GALLEGO: Albóndegas de bonito ou tronco de bonito con sésamo e pistacho. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.

PECULIAR: Gazpacho de tomate verde con bonito curado. Recomendada maridaxe cunha 1906 Pelirroja.

PEDRA FURADA: Tataki de bonito, escabeche de cenorias, emulsión de xenxibre, xalapeño e alfábega. Recomendada maridaxe cunha 1906 Red.

PRACER: Tataki de bonito curado, allobranco de anacardio e albaricoque afumado. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.

PULPEIRA DE MELIDE: Tartar de bonito e ovo frito.

SALITRE: Bonito adubado en remolacha e cítricos. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.

TABERNA 5 MARES: Bonito medio asado con escabeche emulsionado e vinagreta de tomate e piparras.

TABERNA DA TABACALERA: Tartar de bonito e manga ou bonito á brasa con salsa bilbaína.

ULTRAMARINOS GALERA: Bonito adubado, remolacha e parmesano. Recomendada maridaxe cunha 1906 Milnueve.

VINOTECA JALEO: Bonito adubado, tomate e cereixas.

Documentos:

Folleto informativo - A Coruña, que bonito! (7 MB)

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión