Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xullo de 2024

O mercado sostible municipal chega este domingo ao Paseo das Pontes con obradoiros infantís e unha sesión de showcooking aberta ás persoas asistentes

Unha fin de semana máis, o Concello organiza un amplo abano de actividades ideadas para todos os públicos, así como a participación de vinte produtores de proximidade e artesáns, que habilitarán os seus postos de venda

O Paseo das Pontes acolle este domingo 28 a súa primeira edición do mercado sostible municipal, unha cita organizada polo Concello co obxectivo de concienciar sobre a importancia de fomentar a economía circular e a compra responsable.

Das 10.00 ás 15.00 horas, estarán abertos ao público uns vinte postos nos que comercios de proximidade e pequenos negocios porán á venda os seus productos de artesanía e alimentación ecolóxica, entre outros conceptos.

Ademais, ao longo da mañá, as persoas asistentes poderán participar en múltiples actividades ideadas para todos os públicos. No caso das crianzas, haberá un espazo de dinamización infantil aberto ata a conclusión do mercado, así como un obradoiro creativo no que as e os pequenos aprenderán a fabricar xoaniñas con materiais reciclados. A participación é de balde, mais hai unha cota máxima de 15 prazas, con inscrición previa no propio mercado, desde primeira hora. O taller comenzará ás 11.30 horas.

Xa a partir das 12.30 horas, terá lugar unha sesión de showcooking na que o persoal responsable da repostaría Bensenta ensinaralle ás persoas asistentes o proceso de elaboración de aperitivos saudables, sen glute, sen lactosa e sen azucres refinados. A participación é de balde, tamén con inscrición previa no mercado.

Máis información, nas canles oficiais de @mercaecocoruna.

Os barrios, protagonistas no calendario dos mercados ata finais de ano

A programación dos mercados ecolóxicos e sostibles continuará nas vindeiras semanas en máis barrios da Coruña. Ademais de volver ao Paseo das Pontes, o calendario de eventos previstos ata finais de ano inclúe o desenvolvemento dos mercados no Campo da Leña, a praza da Tolerancia, en Labañou, o parque Europa, a praza de Azcárraga, a praza de Vigo, o parque da Tirolesa de Novo Mesoiro e a praza de San Cristovo, nos Mallos.

Desta forma, o Goberno de Inés Rey amplía o radio de acción desta iniciativa a máis distritos da cidade, baseándose na boa experiencia acadada polos mercados ecolóxicos municipais nas súas localizacións habituais e atendendo tamén ás propias solicitudes da veciñanza dos diversos barrios da Coruña.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión