Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de agosto de 2024

Valoriza chega ás 606 toneladas recollidas durante a emerxencia sanitaria

Durante a noite do sábado 3 de agosto ao domingo 4, non se rexistrou ningunha incidencia por queima de contenedores

A Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este domingo do estado actual da recollida de lixo, así como das incidencias vandálicas que se están a producir.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na xornada de onte, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolleu un total de 56 toneladas de lixo orgánico e inorgánico, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 606 toneladas de lixo.

Sen incidencias por queima de contenedores

Durante a noite do sábado 3 de agosto ao domingo 4, non se rexistrou ningunha incidencia por queima de contenedores.

Desde o pasado 24 de xuño, no San Xoán, o Concello rexistra a cifra de de 159 contedores queimados intencionadamente nos diversos distritos da cidade. 

A folga indefinida, sen traballadores secundando o paro

No séptimo día de folga indefinida, segundo confirma a concesionaria, ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas anteriores xornadas.

Malia non haber ningún traballador en folga, nesta noite nos se rexistrou recollida de lixo en barrios como Os Mallos, O Castrillón, Os Castros e a Sardiñeira ou Elviña. 

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

  • Monte Alto: 35%
  • Cidade Vella: 25%
  • Pescaría - Centro: 100%
  • Os Rosales - Labañou: 5%
  • Estadio: 60%
  • Ventorrillo - Agra do Orzán: 60%
  • Sagrada Familia: 45%
  • A Sardiñeira - Elviña: 0%
  • Os Mallos: 0%
  • O Castrillón: 0%
  • Os Castros: 0%
  • Matogrande - Eirís: 15%
  • Mesoiro - Feáns - Valaire: 40%

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión