Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias é un museo interactivo do servizo municipal Museos Científicos Coruñeses que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985.

Situada nun palacete dentro do parque de Santa Margarida, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.

EXPOSICIÓNS

  • A TRAVÉS DO JAMES WEBB

Exposición fotográfica con nove imaxes extraordinarias tomadas polo telescopio espacial James Webb, nas que é posible observar, por exemplo, o nacemento dunha estrela no centro dunha nube de gas e po ou unha perspectiva de Xúpiter na que se aprecian as súas características franxas horizontais, os seus aneis ou os seus satélites.

  • FÍSICA EN ACCIÓN

Xoga, sinte, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro andar, e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas senón facerse preguntas: pódese baixar unha costa cara arriba?, como se moven as dunas?, que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?

> PURO SWING

A exposición Puro swing é unha colección de quince módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Sube a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

  • A ASTRONOMÍA COMO CHA CONTAN

A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida de astronautas no espazo.

  • PARQUE

As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarida. Proba a mover unha bóla de granito de 1.500 quilos cunha soa man ou sentar xunto a unha maceira clónica da de Newton, a que o inspirou para descubrir a lei da gravidade.

PLANETARIO

Viaxa no espazo e no tempo no planetario da Casa das Ciencias grazas aos seus proxectores dixitais, que nos trasladan con gran realismo ata os confíns do universo, e grazas ao seu proxector analóxico Zeiss, que reproduce a noite estrelada para descubrir todos os astros que se poden observar a primeira ollada.

  • As entradas para asistir ao planetario da Casa das Ciencias só se poden adquirir na recepción do museo o mesmo día da sesión.

CARTELEIRA DE NADAL

De luns a venres (se non hai reserva de grupo escolar):

  • 18.00 h Directo (+ 10 anos, cast./gal.)

Do 21 ao 31 de decembro (o día 24 e 31 só haberá as sesións das 11.30 e 13.00 h, e o 25 estará pechado)

  • 11.30 h: «A noite do vampiro». (4-10 anos, galego) (excepto o último sábado do mes*)
  • 13.00 h: «Llévame a la Luna». (+ 10 anos, castelán) (excepto o último sábado do mes*)
  • 17.00 h: «Hazelnuts». (4 a 7 anos, castelán)
  • 18.00 h: «Estrela Rosalía». Sesión en directo (+ 10 anos, galego)

2, 3 e 7 de xaneiro:

  • 11.30 h: «A noite do vampiro» (4-10 anos, galego)
  • 13.00 h: «Estrela Rosalía». (+ 10 anos, galego)
  • 17.00 h: «Hazelnuts».(4 a 7 anos, castelán)

4 e 5 de xaneiro:

  • 11.30 h: «A noite do vampiro». (4-10 anos, galego).
  • 13.00 h: «Llévame a la Luna». (+ 10 anos, castelán)
  • 17.00 h: «Hazelnuts». (4 a 7 anos, castelán)
  • 18.00 h: «Estrela Rosalía». Sesión en directo (+ 10 anos, galego)

* Os últimos sábados do mes hai dúas sesións especiais en directo gratis

AVISOS

  1. As persoas menores de 4 anos non poden acceder ao planetario.
  2. As proxeccións comezan á hora indicada. Unha vez empezada a sesión non é posible acceder ao planetario. Pedimos máxima puntualidade.

HORARIO

  • INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: das 10.00 ás 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: das 11.00 ás 19.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

  • PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: das 10.00 ás 19.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

  • VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: das 10.00 ás 20.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

  • OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: das 10.00 ás 19.00 h*

24 de decembro: das 10.00 ás 14.00 h*

31 de decembro: das 10.00 ás 14.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

25 de decembro: pechado

ENTRADAS

As entradas para visitar as exposicións e asistir ás sesións de planetario só se poden adquirir na recepción da Casa das Ciencias.

  • Xeral: 2,06 euros. Suplemento do planetario: 2,06 euros
  • Reducida*: 1,03 euros. Suplemento do planetario reducido*: 1,03 euros

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo.

  • Gratis
  • Bono Tres Casas: 12,36 euros
    • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo). É necesario conservar o bono en perfecto estado. Debe adquirirse na recepción da Casa das Ciencias, da Domus ou do Aquarium Finisterrae.
  • Tarxeta Vente: 20,60 euros
  • Tarxeta Vente Mini*: 10,30 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65

  • Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen. Á venda na recepción dos tres museos.

VISITAS ESCOLARES

Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Documentos relacionados

  • Plano de contidos da Casa das Ciencias (760 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión