Unha colección de 15 módulos interactivos que permiten xogar e experimentar con diferentes máquinas e dispositivos, para internarse en numerosos aspectos relacionados co movemento dos péndulos.
Na exposición Puro swing, as persoas visitantes pódense subir a unha randeeira moi especial, comprender o segredo do botafumeiro, ver como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
Ademais, mostra os péndulos como instrumento clave na historia da ciencia. Déronnos a primeira medida precisa do tempo: cos péndulos, os reloxos pasaron dunha precisión de máis ou menos 30 minutos a tan só uns segundos. Este salto produciu grandes logros científicos:
Un parque de xogos
Poida que esta exposición lembre un parque infantil... e é que está deseñada con esa intención! A Casa das Ciencias sempre foi un lugar no que as persoas visitantes de todas as idades poden explorar libremente fenómenos e mecanismos de todo tipo.
É o que fan os nenos e as nenas para descubrir como funciona o mundo ao seu redor. Nas randeeiras, tobogáns e carruseis facemos as nosas primeiras exploracións de fenómenos como a gravidade, o rozamento ou o movemento circular. Puro swing recrea eses experimentos informais e intuitivos. Coa vantaxe de que aquí hai explicacións, por se as necesitas, e tamén as persoas adultas están convidads a compartir o xogo.
A exposición está producida polos Museos Científicos Coruñeses, cofinanciada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, coa colaboración de Principia, Centro de Ciencia de Málaga, e o Museo da Ciencia de Valladolid.
16 de abril de 2025
O prazo de presentación de traballos finaliza o 2 de xuño nas oito modalidades do certame
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
28 de xaneiro de 2025
Unha exposición fotográfica que convida a reflexionar sobre a crise climática e ambiental
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible