Actividade enmarcada no Ciclo Temático "Todo é Ciencia"
De 8 a 14 anos
Infantil
22/05/2018
Xa rematou
Dende o 15/05/2018 ata o 22/05/2018
18 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
Ao igual que nos anos noventa aconteceu a revolución das videocámaras e na primeira década do século XXI a revolución dos móbiles e a expansión da internet, este segundo decenio está marcado pola universalización da robótica e da programación amateur.
Doutra banda, habitamos unha sociedade que produce incansablemente novos produtos tecnolóxicos que, ao seren consumidos, condenan ao desterro a moitos outros dispositivos que poden ter unha nova vida se procuramos medios para a súa reutilización. Por iso, neste obradoiro fuximos da idea de empregar xoguetes prefabricados e apostamos por materiais da vida real que se poidan adquirir ou reutilizar facilmente, contribuíndo así a reducir o lixo electrónico.
O futuro e a creatividade medran nas mans dos makers, o proxecto do obradoiro, da man de m8factorial, baixo o título "Barreira con sensor", consistirá na construción e programación dunha barreira mecánica que se activa coa presenza dun coche.
Tamén che pode interesar
Dende o 21/12/2024 ata o 03/01/2025
Dende o 21/12/2024 ata o 04/01/2025
Dende o 07/12/2024 ata o 05/01/2025
Apertura do prazo de inscrición: mércores 11 de decembro ás 10.00 h
Dende o 23/12/2024 ata o 07/01/2025
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
29/01/2025
Dende o 22/01/2025 ata o 29/01/2025
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible