prazas esgotadas
Para público en xeral
08/02/2023
Xa rematou
19.30 h
Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa San Andrés 36, 1º. 15003
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Tel.: 981 200 869
O mércores 8 de febreiro, ás 19.30 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa San Andrés, núm. 36, 1.°) proxectaremos -en colaboración con Valdeorras Infinita- o documental Santoalla.
Dirixido polos estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer -e producido pola valdeorresa Cristina de la Torre-, o filme xira arredor da desaparición e do asasinato do neerlandés Martin Verfondern na aldea de Santoalla (Petín) en xaneiro de 2010.
No documental aparece a vida de Martin e a súa muller Margo Pool durante as décadas de 1990, 2000 e 2010. O filme vai entrelazando montaxes de vídeo de arquivo, entrevistas á propia Margo Pool, metraxe de telexornais e outros informativos. Unha mestura de pasado e presente que mostra a progresiva deterioración da relación entre a veciñanza que culmina nun tráxico final.
O documental -que recibiu numerosos premios- estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Edimburgo o 17 de xuño de 2016.
Á proxección seguirá un coloquio coa súa produtora, Cristina de la Torre.
Dende o 01/04/2025 ata o 30/04/2025
01/05/2025
Os días 01/05/2025, 02/05/2025, 03/05/2025
Os días 02/05/2025, 03/05/2025
05/05/2025
Os días 08/05/2025, 09/05/2025, 10/05/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible