Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xuño de 2024

A Coruña forma parte da rede dende o ano 2005 e foi unha das cidades fundadoras da rede e das primeiras de España en sumarse á loita polo clima

A Rede Española de Cidades polo Clima recoñece a traxectoria do Concello da Coruña no desenvolvemento de políticas sostibles

A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, recolleu o galardón no marco da XVI Asemblea da rede e puxo en valor o modelo de cidade posto en marcha no pasado mandato

A concelleira de Medioambiente, Noemí Díaz, asistiu esta mañá á XVI Asemblea da Rede Española de Cidades polo Clima realizada en Sevilla. En total, 368 administracións locais son membros da rede. No marco da asemblea, a entidade outorgoulle ao Concello o Premio ás Boas Prácticas Locais polo Clima recoñecendo a traxectoria da Coruña no desenvolvemento de políticas sostibles.

A concelleira recolleu o galardón e puxo en valor o modelo de cidade posto en marcha no pasado mandato, coa recuperación de espazos para o uso cidadán e a aposta pola mobilidade sostible, así como a creación de novas zonas verdes como o Corredor de Novo Mesoiro ou o Bosque de Breogán. A Coruña forma parte da rede dende o ano 2005 e foi unha das cidades fundadoras da rede e unha das primeiras de España en sumarse á loita polo clima.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión