Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xullo de 2024

As entradas para o encontro xa están á venda e este sábado 13 e domingo 14 haberá unha zona fan na explanada do Palacio dos Deportes

O Obelisco acolle a mostra ‘El viaje hacia la estrella’, que rememora o Mundial de fútbol feminino acadado por España

A exposición forma parte das actividades paralelas polo partido da Selección fronte a Bélxica do vindeiro martes 16 en Riazor

A exposición 'El viaje hacia la estrella' xa está dispoñible para a cidadanía na contorna do Obelisco. A mostra organizada pola Real Federación Española de Fútbol en colaboración co Concello amosa unha serie de imaxes e textos sobre a consecución do Mundial de Australia e Nova Zelanda do 2023.

A cidadanía poderá ver esta exposición ata o vindeiro domingo 14 de xullo. A súa chegada á cidade forma parte das actividades paralelas polo partido de clasificación para a Eurocopa 2025 que disputarán España e Bélxica no estadio municipal de Riazor o vindeiro martes 16 ás 19.00 horas. As entradas para este enfrontamento xa están á venda a un prezo de entre 10 e 15 euros.

Será a segunda visita da Selección absoluta feminina á cidade tras o partido ante Azerbaixán celebrado no ano 2019 e que supuxo o récord nacional de asistencia a un partido internacional de fútbol feminino, con máis de 10.400 persoas asistentes en Riazor. A alcaldesa, Inés Rey, animou a cidadanía o pasado venres, durante a presentación deste partido, a encher o estadio e amosar o seu apoio á selección a escasas semanas de que viaxen a París para disputar os Xogos Olímpicos.

Ademais, outra das actividades paralelas organizadas polo Concello e a RFEF será unha zona fan, instalada na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor o sábado 13 e o domingo 14. Haberá actividades lúdico-deportivas para todas as idades, con especial atención na mocidade. Haberá música, unha pista de fútbol 3x3, "chutómetro", fotomatón, futbolíns, xogos familiares e moitas sorpresas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión