LOCALIDADES ESGOTADAS!
Familias
26/02/2023
Ya ha finalizado
Entradas agotadas
11:30 e 13:00 h
Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
Abono Familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 € (só nos despachos de billetes)
Menores de 3 anos: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo agora@coruna.gal
IMCE
agora@coruna.gal
Coliño está concibido desde o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna. Coliño mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa.
COLIÑO é o lugar natural a onde imos desde que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura.
O primeiro COLIÑO é o da nai. Un colo cheo de vida, de latexo, de quentura...cargado de seguridade e amor.
COLIÑO tamén é ese agarimo, ese niño de algodóns, ese saco de durmir, esa cova ou acocho que nos protexe...
A COLIÑO van a parar todo tipo de seres vivos, seres que precisan doutros seres para sentirse vivos e protexidos, felices e contentos.
COLIÑO somos moitas e moitos.
FICHA ARTÍSTICA
Intérpretes: Celtia Figueiras, Topo Vidal e Lois Prado
Autoría: José Manuel Breijo "Topo Vidal"
Dirección e adaptación: Celtia Figueiras e Topo Vidal
Escenografía e deseño de iluminación: Daniel Rodríguez
Deseño son: Lois Prado
Vestiario: Celtia Figueiras
Música: Lois Prado
Espectáculo musical e sensorial para a primeira infancia, sen palabras.
Duración: 40 min
Público: Familiar con bebés, desde 6 meses ata 3 anos.
VENDA DE BILLETES
Entidades
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible