Espectáculo teatral con música de trompa en directo
Familias, Infancia
19/11/2024
Desde el 15/11/2024 hasta el 19/11/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Maruxiña inspírase no conto clásico de Polgariña de Andersen, para relatar unha nova aventura. Un espectáculo en clave cómica, interdisciplinar con música en directo, no que a protagonista investiga o mundo que a rodea, dende que nace nunha hortensia da maceta da señora Lola. Un día, Maruxiña descobre que hai un mundo moito máis grande, que hai amigos e non tan amigos... que lle gustaría voar... Pero o realmente importante é decidir libremente o que unha quere ser.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible