Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O auto do Castromil, de Manuel María

A nova edición do festival “A fonética dos corpos”, que conforma o programa Agra no Ágora, tráenos ao barrio da Agra este espectáculo de Producións Teatrais Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galego. Con este proxecto Excéntricas gañou o III concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

17/10/2024

Ya ha finalizado

Horario:

20:15 h 

Duración:

70 min

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocío González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.

"O Auto do Castromil" está feita con anacos das obras de Manuel María: "A rebelión dos baús", "O auto dos semulados da Caravilla", "Unha vez foi o trebón", "Abril de lume e ferro" e o "Entremés da OTAN"

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

Ficha Artística e Técnica

  • Elenco Rocío González. Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez
  • Autor: Manuel María
  • Escenografía e indumentaria: Carlos Alonso
  • Iluminación: Octavio Mas
  • Música: Piti Sanz
  • Atrezzo: Kukas Producións Artísticas
  • Noticieiro cinematográfico: Marcos PTT
  • Fotografía: Sabela Eiriz
  • Deseño gráfico: Milicia Gráfica
  • Técnicos en xira: Javier Gey e Pepe Quintela
  • Axudante de Dirección: Mon Serodio
  • Xefe de produción: Rubén G. Pedrero
  • Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión