As familias aprenderán melodías tradicionais da man de Faia Díaz e Guillerme Fernández.
Familias
Familias
25/05/2019
Ya ha finalizado
Desde el 20/05/2019 hasta el 24/05/2019
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta, e tamén ás nais e pais que están a agardar un bebé. Só precisa a inscrición a/o nena/o. (As futuras nais e pais tedes que nos enviar un correo-e a lingua@coruna.es co asunto "Inscrición Arrolos").
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
11.00 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
As nais e os pais poderán aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce ao arrolaren os seus bebés e trasmitírenlles desde o comezo o apego á nosa lingua e música.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 11.00 e ás 12.30 horas.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible