O audiovisual sérvenos para contar historias con imaxes e son, pero máis aló diso, é un formato especialmente atractivo para os máis novos e, por iso, un cómplice clave para motivar ao alumnado para traballar con temáticas transversais.
Para público en general
19/10/2019
Xornada de formación audiovisual
Ya ha finalizado
De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Matrícula gratuíta
Solicitada a homologación por 8 horas lectivas.
A inscrición realizarase a través da web
da as-pg: www.as-pg.gal no apartado de
Formación.
*O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca traballasen como docentes para a Consellería de Educación.
O audiovisual sérvenos para contar historias con imaxes O obxectivo desta formación é facilitar ferramentas parapoder desenvolver proxectos audiovisuais na aula dunha maneira sinxela.
Nunha xornada de oito horas traballaremos sobre como afrontar un guión, planificar a rodaxe,gravar e editar de forma áxil. Conducida por Xosé Antón Moure e Cristina de la Torre, profesionais do audiovisual e con experiencia en formación, a xornada dividirase nos seguintes bloques:
BLOQUE 1. GUIÓN
Máis que palabras
Temos unha idea, pero falta saber como contala. Por iso comezaremos coas claves da escrita para o entorno audiovisual. Con exemplos de formatos, guión, claves de trama, etcétera. Logo da presentación faremos unha práctica adaptando unha peza literaria que pode ser proposta polos participantes. Ese guión, realizado de forma individual ou por equipos, servirá para seguir traballando o resto da xornada.
BLOQUE 2. PLANIFICAR A RODAXE
Organización! (e creatividade)
Analizaremos que se precisa para converter un guión nunha peza audiovisual. Valoraremos casos reais de solucións creativas para resolver os condicionantes habituais dun contexto educativo. No último tramo, dividirémonos por equipos para desenvolver un plan de rodaxe cos guións propostos no primeiro bloque e decidir cal ou cales gravamos.
BLOQUE 3. RODAXE
Cando o fai o alumnado
Breve introdución sobre narrativa visual, con tipos de plano, ritmo de escena... Analizaremos algunhas cuestións técnicas como formatos de gravación, como xogar coa iluminación e como recoller un audio de calidade. Deterémonos un pouco máis no uso do móbil como ferramenta.
Despois adicaremos un tempo a rodar unha das pezas no entorno do curso.
BLOQUE 04. MONTAXE.
Narrar sen complexos
A edición de vídeo require tecnoloxía pero tamén calidades e intencións narrativas. Veremos algúns exemplos clips moi determinados pola montaxe e pasaremos a editar a curta resultante da rodaxe.
CONCLUSIÓN.
Compartir para existir
Ao finalizar a formación reflexionaremos sobre a importancia de difundir os traballos, os condicionantes das redes sociais, a etiqueta Creative Commons e os dereitos de imaxe.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible