Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Prazas Dispoñibles - Convocatoria E.D.M. 2024/25

Prazas dispoñibles desta convocatoria das Escolas Deportivas Municipais para o Curso 2024/25

A QUEN VAN DIRIXIDAS?

Poderán acceder a estas prazas as persoas que o desexen, sexan ou non alumnos/as das EDM.

Establécese o límite de dúas prazas por persoa nas EDM, de tal forma que se xa se alcanzou este límite non se poderá matricular en ningunha das prazas vacantes.

PERIODOS DE ACTUALIZACIÓN DE PRAZAS:

  • Prazas para Escolas de 6 a 17 anos: dende o 04 de outubro ata o 27 de decembro de 2024, podendo matrícularse ata o 30 de decembro de 2024
  • Prazas para 18-60 anos e +60 anos: dende o 04 de outubro de 2024 ata o 31 de xaneiro de 2025, podendo matrícularse ata o 7 de febreiro de 2025

CAMBIOS DE HORARIO AO LONGO DO CURSO ESCOLAR​:

Aquelas persoas que por circunstancias de conciliación laboral, persoal ou de calquera outra índole desexen cambiar o horario, na mesma modalidade deportiva, (por exemplo: de natación a natación) poderán acceder ás prazas vacantes que se publicarán cada venres, desde o 4 de outubro ao último venres de xaneiro de 2025 (respetando os periodos por franxa de idade) e que estarán a libre disposición.

No seu caso, deberán tramitar conxuntamente a baixa no grupo do que desexan marchar e a alta no novo horario, sen necesidade de aboar novamente a taxa, agás a diferencia no importe no caso de pasar dunha frecuencia menor a unha frecuencia semanal maior (por exemplo, de dous días á semana a tres días a semana).

Rematado este prazo, non se admitirán máis cambios e deberán agardar á seguinte renovación co seu conseguinte novo prazo de cambios.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou San Amaro entre si ou co resto de instalacións.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

A matrícula (tanto nova alta coma cambio de horario) formalizarase no rexistro do Servizo Municipal de Deportes situado na C.D. Riazor en horario de maña de 08:00 a 14:00h. Para acudir a este rexistro, será necesario concertar cita previa, a través da páxina web (https://citaprevia.coruna.gal/) ou no teléfono de atención cidadá 010, deberá solicitarse unha cita por cada matrícula que se vaia realizar, de tal xeito que se unha mesma persoa vai facer máis dunha matrícula (para si mesma e outras persoas), concertará tantas citas como matrículas se queran formalizar.

Prégase máxima puntualidade. Non se atenderá a ningunha persoa antes nin depois da hora da súa cita.

Documentación que debe acompañar

  • Menores de 14 anos: Fotocopias do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai.
  • A partir de 14 anos e ata os 18: Fotocopias do DNI e do DNI dos proxenitores.
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor/a.
  • Maiores de 18 anos: Fotocopia do DNI.

Non se garante a dispoñibilidade da praza no momento da formalización, dado que se adxudican por orde de cita previa solicitada.

CADRO DE PRAZAS DISPOÑIBLES (Para estes efectos, considerarase a idade referida na data do 31 de decembro de 2024)

Actualizadas: 18 de outubro de 2024

Menores de idade - 6 a 17 Anos:

Para estes efectos, considerarase a idade referida na data do 31 de decembro de 2024.

FRANXA DE IDADE CÓDIGO DE CLASE CLASE PRAZAS LIBRES
EDM out-xuño 6-8 Anos 4281 AIKIDO 6-8 ANOS RIAZOR ME 18:00-19:00 8
4299 IUDO 6-8 ANOS RIAZOR LU 18:00-19:00 3
4357 PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 16:45-17:30 14
4358 PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:30-18:15 7
4359 PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:15-19:00 7
4370 MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 17:00-18:00 9
4372 MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 19:00- 20:00 2
4384 XOGOS PREDEPORTIVOS 6-8 ANOS RIAZOR LU 17:00-18:00 5
4386 NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:15-18:00 1
4512 BOXEO 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:00-18:00 9
4514 CICLISMO 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 6
EDM out-xuño 9-11 Anos 4282 AIKIDO 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 4
4284 ATLETISMO 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 2
4292 ESGRIMA 9-11 ANOS CASA AUGA LU-ME 18:00-19:00 7
4300 IUDO 9-11 ANOS RIAZOR LU-VE 19:00-20:00 6
4361 PATINAXE ART. 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 19:45-20:30 1
4385 XOGOS PREDEPORTIVOS 9-11 ANOS RZR LU 17:00-18:00 5
4515 CICLISMO 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 8
4844 WATERPOLO 9-11 ANOS RIAZOR VE 17:00-18:00 3
EDM out-xuño 12-17 Anos 4291 ESGRIMA 12-17 ANOS CASA AUGA LU-ME-VE 19:00-20:00 13
4355 PADEL 12-17 ANOS TORRE MA-XO 18:00-19:00 1
4373 TENIS 12-17 ANOS TORRE LU-ME 18:00-19:00 2
4381 XIMNASIA INIC 12-17 ANOS SAG FAM MA-XO 19:30-20:15 7
4441 NATACION PERF. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-18:45 8
4442 NATACION PERF. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 1
4443 NATACION PERF. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 1
4809 BUJUTSU 12-17 ANOS RIAZOR ME 17:00-18:00 3
4839 TENIS 12-17 ANOS NOVO MESOIRO MA-XO 15:45-16:45 2

Maiores de idade - 18 a 60 anos (AMBOS INCLUIDOS) e máis de 60 anos:

Para estes efectos, considerarase a idade referida na data do 31 de decembro de 2024.

FRANXA DE IDADE CÓDIGO DE CLASE CLASE PRAZAS LIBRES
EDM out-xuño 18-60 Anos 4280 ADESTRAMENTO +18 MOI INT. RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 2
4331 MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 20:30-21:30 1
4332 MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 21:30-22:30 1
4338 MANTEMENTO +18 ROSALES MA-XO 10:00-11:00 1
4369 PILATES +18 ROSALES MA-XO 08:00-09:00 1
4419 NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 13:15-14:00 1
4547 PADEL +18 TORRE LU-ME 11:00-12:00 1
4822 ZUMBA +18 ROSALES MA-XO 11:00-12:00 2
4826 GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR LU-ME 08:00-08:45 3
4827 PILATES +18 NOVO MESOIRO LU-ME 08:00-09:00 3
4851 ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 10
4852 ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 09:00-10:00 3
EDM out-xuño +60 Anos 4334 MANTEMENTO +60 INT BARRIO LU-ME-VE 10:00-11:00 1
4342 MANTEMENTO +60 INT. SAG FAM LU-ME-VE 21:00-22:00 2
4434 NATACION E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE 09:40-10:20 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión