Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Coruña No Mar 2024

Tras o éxito das edicións das anteriores edicións (2021, 2022 e 2023) do Programa Coruña no Mar no verán, o Concello da Coruña pon en marcha unha nova convocatoria para o 2024.

Este programa procura axudarlle á veciñanza a saberse desenvolver no seu contorno, desenvolvendo a súa propia identidade e realizando actividades acuáticas deportivas no marco da nosa cidade, asi mesmo este ano coma novidade neste programa incluese unha actividade multimodalidade: Surf e afins, a cal consta de varias modalidades relacionadas co surf (surf, paddel, body, longboard...)

Todo iso empregando o gran potencial de infraestruturas e entidades deportivas coas que conta a cidade, podendo deste xeito realizar unha oferta a toda a cidadanía, baseada na facilidade de oportunidades de aprendizaxe, dirixida ao mar como contorno próximo e cotián na vida das persoas.

Bases e Convocatoria

26 de xuño - ASIGNACIÓN DE PRAZAS

Procédese á publicación da listaxe de asignacion de prazas do programa "Coruña no Mar - 2024" tendo en conta os seguintes criterios:

  • Nº do sorteo do dia 25 de xuño: 51
  • As persoas SI empadroadas no Concello da Coruña.
  • A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 ou Opción 2).
  • As persoas NON empadroadas no Concello da Coruña.
  • A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 ou Opción 2). 

Pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:

Nesta listaxe as persoas que figuran como: ELEXIR OPCIÓN 1 OU 2, e segundo o punto 5.8.4. das Bases desta convocatoria, Só poderá matricularse nun só curso en primeira instancia.

FORMALIZACIÓN DAS MATRICULAS: 

Para as actividades da quenda da 1ª semana de xullo:

Para o resto das quendas:

Documentación que debe acompañarse para a matrícula.

  • Fotocopia do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai, titor/a.
  • Para persoas suxeitas a tutela, aínda que dispoñan de DNI propio, tamén deberá presentarse o documento legal que o acredite e o DNI de titor/titora.
  • Só se procede: Informes médicos ou outros.

No caso de non formalizar a matrícula nas datas indicadas entenderase de oficio que renuncia a praza solicitada.

CUSTO DOS CURSOS:

  • CURSOS SEMANAIS (de cinco días, de luns a venres):
    • Menores de 18 anos: : 8,74 €
    • 18 anos e maiores de 18 anos: 10,92 €
  •  ACTIVIDADES DE FIN DE SEMANA (dun día: venres, sábado ou domingo): 8,73 €

XESTION DA LISTAXE DE AGARDA:

Do 8 ao 10 de xullo. Só haberá un único chamamento: todas as persoas que estean na listaxe de agarda, recibirán un correo electrónico indicando a disposición de prazas libres

25 de xuño - LISTAXE DEFINITVA DE SOLICITANTES E SORTEO

Procédese á publicación da listaxe definitiva de solicitantes, por orde alfabética, do programa "Coruña no Mar - 2024".

Nesta listaxe asignase un número tendo en conta a data de entrada da solicitude, o cal será o que estableza o corte despois do sorteo do 25 de xuño as 11:30h. Dito número aplicarase tanto a Opción 1 coma a Opción 2 solicitadas.

Pode consultalo na seguinte ligazón:

Nesta listaxe esta asignado un número para o sorteo que tera lugar as 11:30 a traves da seguinte ligazón:

Seguintes fases da convoctaoria:

  • Listaxe de persoas admitidas/en agarda: O 26 de xuño de 2024 a patir das 19:00h
    • CRITERIOS DE ELABORACIÓN DA LISTAXE:
      • O número agraciado no sorteo do 25 de xuño establecerá o corte a partir do cal se adxudicarán as prazas.
      • Para a orde de preferencia de adxudicación terase en conta:
        1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
        2. A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 ou Opción 2).
  • Formalizacion da matrícula:
    • As persoas que obteñan praza para as actividades da quenda da 1ª semana de xullo poderán formalizar a matrícula do 27 ao 28 de xuño de 2024, incluído, de 08:15h. a 13:00h.nas oficiñas da Cidade Deportiva de Riazor.
    • Quen obtivera praza para os resto de quendas poderán formalizar a súa matrícula ata o 5 de xullo de 08:15h. a 13:00h. nas oficiñas da Cidade Deportiva de Riazor.
  • Movemento da listaxe de agarda: 8 a 10 de xullo de 2024

20 de xuño - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes, por orde alfabética, do programa "Coruña no Mar - 2024":  Listaxe Provisional de Solicitantes - CORUÑA NO MAR 2024

Prazo de emenda de erros: dende a publicación da listaxe provisional de solicitantes, ata o día 23 de xuño de 2024, a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas.

18 de xuño - CONVOCATORIA

PERSOAS DESTINATARIAS

O programa diríxese ao conxunto da cidadanía do municipio da Coruña e abarca nenas e nenos (idade segundo a modalidade deportiva), a mocidade e a poboación adulta, co único requisito de saber nadar 25m sen material auxiliar e cumprir co requisito da idade mínima requirida para cada un dos cursos ou actividades que se vaian solicitar.

A idade requirida para as persoas participantes está referida á que terán cumprida a 31 de decembro de 2024.

PRAZOS

Establécese un único prazo de solicitude para todas as actividades do programa, coas seguintes datas:

  • Solicitudes: dende publicación na web ata o 20 de xuño de 2024 ás 10.00 h
  • Listaxe provisional de solicitantes: 20 de xuño de 2024 a partir das 14.00 h
  • Prazo de corrección: dende a publicación da listaxe provisional de solicitantes e ata o 23 de xuño 
  • Listaxe definitiva de solicitantes: 25 de xuño de 2024 ás 10.30 h
  • Sorteo: 25 de xuño de 2024 ás 11.30 h
  • Listaxe de persoas admitidas/en agarda: O 26 de xuño de 2024 a patir das 19:00h
  • Formalizacion da matrícula:
    • As persoas que obteñan praza para as actividades da quenda da 1ª semana de xullo poderán formalizar a matrícula do 27 ao 28 de xuño de 2024, incluído, de 08:15h. a 13:00h.nas oficiñas da Cidade Deportiva de Riazor.
    • Quen obtivera praza para os resto de quendas poderán formalizar a súa matrícula ata o 5 de xullo de 08:15h. a 13:00h. nas oficiñas da Cidade Deportiva de Riazor.
  • Movemento da listaxe de agarda: 8 a 10 de xullo de 2024

Límite de solicitudes: cada persoa poderá presentar unha única solicitude. No caso de rexistrar no mesmo prazo máis dunha solicitude para Cursos ou para Actividades, sempre se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.

Solicitude familiar: para colaborar na conciliación familiar, aquelas persoas que desexen optar ao mesmo curso deberán cubrir un único formulario de preinscrición no que reflectirán a todos/as os/as menores, coa condición de que sexan membros da mesma unidade familiar ou que demostren convivencia no mesmo domicilio.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas.

Logo de recibir todas as solicitudes e unha vez finalizado o prazo de corrección de erros, asignaráselle un número a cada solicitude por orde cronolóxica de entrada. Unha vez asignado, no resto do procedemento atenderase sempre a ese número.

SORTEO

Naqueles cursos nos que a demanda sexa maior que a oferta, procederase a asignar as prazas a partir dos números de solicitude, conforme ao sorteo público.

Orde de preferencia para a asignación de prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:

  1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  2. A orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude.
  3. O sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado, e conforme ao número que saíse no sorteo público.

Requisitos para poder participar neste programa

  • Saber nadar 25m sen material auxiliar
  • Que non padece ningunha enfermidade que o/a incapacite para practicar a actividade deportiva.

Custo dos cursos:

  • CURSOS SEMANAIS (de cinco días, de luns a venres):
    • Menores de 18 anos: : 8,74 €
    • 18 anos e maiores de 18 anos: 10,92 €
  •  ACTIVIDADES DE FIN DE SEMANA (dun día: venres, sábado ou domingo): 8,73 €

Estes prezos estarán regulados pola Ordenanza Fiscal Nº15 - TAXA POLA PRESTACION DE SERVIZO EN INSTALACION DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Pode facer a solicitude no formulario inserido na seguinte ligazón, o prazo remata o 20 de xuño de 2024, ás 10.00h.

No caso de non dispoñer dos medios telemáticos pode chamar ao teléfono 981 189 800, ext. 25037 ou 25038 para cubrir a solicitude, en horario de atención ao público, de luns a venres das 08.00 ás 13.30 h.

Pode consultar as bases completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto ao pe da páxina:

A continuación pode consultar a oferta de cursos semanais e actividades puntuais do programa Coruña no Mar 2024:

CURSOS INTENSIVOS SEMANAIS (De luns a venres) - DESPREGABLE

CODIGO ACTIVIDADE DATAS HORARIO ANO DE NACEMENTO IDADES PRAZAS LOCALIZACIÓN ENTIDADE
CS1 Surf e afins: surf, paddel, body...  1ª Quenda: 1 ao 5 de xullo 10:00-13:00 Entre 2010 e 2014 de 10 a 14 anos 12 Praia do Orzán Brava Surf
CS2 Surf e afins: surf, paddel, body...   2ª Quenda: 8 ao 12 de xullo 10:00-13:00 Entre 2010 e 2014 de 10 a 14 anos 12 Praia do Orzán Brava Surf
CS3 Surf e afins: surf, paddel, body...  3ª Quenda: 15 ao 19 de xullo 10:00-13:00 Entre 2010 e 2014 de 10 a 14 anos 12 Praia do Orzán Brava Surf
CS4 Surf e afins: surf, paddel, body...   4ª Quenda: 22 ao 26 de xullo 10:00-13:00 Entre 2010 e 2014 de 10 a 14 anos 12 Praia do Orzán Brava Surf
CS5 Paddle Surf 5ª Quenda: 29 ao 2 de agosto 16:00 a 18:00h Entre 2007 e 2014 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza Prado Surf
CS6 Paddle Surf 6ª Quenda: 5 ao 9 de agosto 16:00 a 18:00h Entre 2007 e 2014 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza Prado Surf
CS7 Paddle Surf 7ª Quenda: 12 ao 16 de agosto 16:00 a 18:00h Entre 2007 e 2014 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza Prado Surf
CS8 Paddle Surf 8ª Quenda: 19 ao 23 de agosto 16:00 a 18:00h Entre 2007 e 2014 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza Prado Surf
CS9 Paddle Surf 9ª Quenda: 26 ao 30 de agosto 16:00 a 18:00h Entre 2007 e 2014 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza Prado Surf
CS10 Paddle Surf 5ª Quenda: 29 ao 2 de agosto 18:00 a 20:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza Prado Surf
CS11 Paddle Surf 6ª Quenda: 5 ao 9 de agosto 18:00 a 20:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza Prado Surf
CS12 Paddle Surf 7ª Quenda: 12 ao 16 de agosto 18:00 a 20:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza Prado Surf
CS13 Paddle Surf 8ª Quenda: 19 ao 23 de agosto 18:00 a 20:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza Prado Surf
CS14 Paddle Surf 9ª Quenda: 26 ao 30 de agosto 18:00 a 20:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza Prado Surf
CS15 Vela Lixeira 1ª Quenda: 1 ao 5 de xullo 16:00 a 18:00h Entre 2007 e 2016 De 8 a 17 anos 12 Club Maririmo Oza O Puntal Club Maririmo Oza O Puntal
CS16 Vela Lixeira 1ª Quenda: 1 ao 5 de xullo 16:00 a 18:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Maririmo Oza O Puntal Club Maririmo Oza O Puntal
CS17 Vela Lixeira 2ª Quenda: 8 ao 12 de xullo 16:00 a 18:00h Entre 2007 e 2016 De 8 a 17 anos 12 Club Maririmo Oza O Puntal Club Maririmo Oza O Puntal
CS18 Vela Lixeira 2ª Quenda: 8 ao 12 de xullo 16:00 a 18:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Maririmo Oza O Puntal Club Maririmo Oza O Puntal
CS19 Vela Lixeira 3ª Quenda: 15 ao 19 de xullo 16:00 a 18:00h Entre 2007 e 2016 De 8 a 17 anos 12 Club Maririmo Oza O Puntal Club Maririmo Oza O Puntal
CS20 Vela Lixeira 3ª Quenda: 15 ao 19 de xullo 16:00 a 18:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Maririmo Oza O Puntal Club Maririmo Oza O Puntal
CS21 Vela Lixeira 4ª Quenda: 22 ao 26 de xullo 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores De 8 a 17 anos 12 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS22 Vela Lixeira 4ª Quenda: 22 ao 26 de xullo 16:00 a 18:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS23 Vela Lixeira 5ª Quenda: 29 ao 2 de agosto 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores De 8 a 17 anos 12 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS24 Vela Lixeira 5ª Quenda: 29 ao 2 de agosto 16:00 a 18:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS25 Vela Lixeira 6ª Quenda: 5 ao 9 de agosto 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores De 8 a 17 anos 12 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS26 Vela Lixeira 6ª Quenda: 5 ao 9 de agosto 16:00 a 18:00h 2006 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS27 Snorkel e Foto Subacuática 1ª Quenda: 1 ao 5 de xullo 12:00 a 14:00h 2010 e anteriores Máis 14 anos 6 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
CS28 Snorkel e Foto Subacuática 2ª Quenda: 8 ao 12 de xullo 12:00 a 14:00h 2010 e anteriores Máis 14 anos 6 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
CS29 Snorkel e Foto Subacuática 3ª Quenda: 15 ao 19 de xullo 12:00 a 14:00h 2010 e anteriores Máis 14 anos 6 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
CS30 Snorkel e Foto Subacuática 4ª Quenda: 22 ao 26 de xullo 12:00 a 14:00h 2010 e anteriores Máis 14 anos 6 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
CS31 Windsurf 1ª Quenda: 1 ao 5 de xullo 17:00 a 19:00h 2011 e anteriores Máis 13 anos 7 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS32 Windsurf 2ª Quenda: 8 ao 12 de xullo 17:00 a 19:00h 2011 e anteriores Máis 13 anos 7 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS33 Windsurf 3ª Quenda: 15 ao 19 de xullo 17:00 a 19:00h 2011 e anteriores Máis 13 anos 7 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS34 Windsurf 4ª Quenda: 22 ao 26 de xullo 17:00 a 19:00h 2011 e anteriores Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS35 Windsurf 5ª Quenda: 29 ao 2 de agosto 17:00 a 19:00h 2011 e anteriores Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS36 Windsurf 6ª Quenda: 5 ao 9 de agosto 17:00 a 19:00h 2011 e anteriores Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS37 Windsurf 7ª Quenda: 12 ao 16 de agosto 17:00 a 19:00h 2011 e anteriores Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS38 Windsurf 8ª Quenda: 19 ao 23 de agosto 17:00 a 19:00h 2011 e anteriores Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS39 Windsurf 9ª Quenda: 26 ao 30 de agosto 17:00 a 19:00h 2011 e anteriores Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza

ACTIVIDADES PUNTUAIS (Un día: venres, sábado ou domingo) - DESPREGABLE

CODIGO ACTIVIDADE DATAS HORARIO ANO DE NACEMENTO IDADES PRAZAS LOCALIZACIÓN ENTIDADE
AP1 Kayak de Mar Sábado 6 de xullo 10:15 a 12:15h 2012 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AP2 Kayak de Mar Sábado 13 de xullo 10:15 a 12:15h 2012 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AP3 Kayak de Mar Sábado 20 de xullo 10:15 a 12:15h 2012 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AP4 Kayak de Mar Sábado 27 de xullo 10:15 a 12:15h 2012 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AP5 Pesca Fondeada Venres 5 de xullo 9:30 a 12:30h 2016 e anteriores Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AP6 Pesca Fondeada Venres 12 de xullo 9:30 a 12:30h 2016 e anteriores Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AP7 Pesca Fondeada Venres 19 de xullo 9:30 a 12:30h 2016 e anteriores Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AP8 Pesca Fondeada Venres 26 de xullo 9:30 a 12:30h 2016 e anteriores Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AP9 Piragüismo Mércores 10 de xullo 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores Máis 8 anos 15 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
AP10 Piragüismo Mércores 17 de xullo 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores Máis 8 anos 15 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
AP11 Piragüismo Mércores 24 de xullo 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores Máis 8 anos 15 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
AP12 Piragüismo Mércores 31 de xullo 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores Máis 8 anos 15 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
AP13 Piragüismo Mércores 7 de agosto 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores Máis 8 anos 15 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
AP14 Piragüismo Mércores 14 de agosto 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores Máis 8 anos 15 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
AP15 Piragüismo Mércores 21 de agosto 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores Máis 8 anos 15 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
AP16 Piragüismo Mércores 28 de agosto 16:00 a 18:00h 2016 e anteriores Máis 8 anos 15 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias

Documentos relacionados

  • Bases - CORUÑA NO MAR 2024 (732 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión