Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aberto o prazo de inscrición para a décimo oitava edición da carreira Coruña10, que se celebrará o 6 de outubro

Haberá case 10.000 euros en premios para as persoas mellor clasificadas

Cando:

22 de xullo de 2024

O domingo 6 de outubro de 2024 terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis multitudinaria das carreiras da cidade, e que este ano realizará a súa décimo oitava edición cun circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo. Este luns abriuse o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que desexen participar.

As inscricións faranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o día 29 de setembro ás 23:59 horas. A cota de inscrición será de 8 euros para as persoas rexistradas ata o 18 de agosto, e de 12 euros para quen realice a inscrición desde ese día ata o 27 de setembro. Haberá un prazo extraordinario os días 28 e 29 de setembro cunha cota de inscrición de 20 euros. As inscricións presenciais poderanse facer no horario comercial do centro de El Corte Inglés (rúa de Ramón y Cajal) desde o luns 29 de xullo.

Como vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas. Nesta XVIII Carrera Popular Coruña10 poderán participar atletas, con inscrición gratuíta, desde a categoría peques ata sub-18. A carreira ten un perfil practicamente chairo e por asfalto na súa totalidade. A saída e a meta estará situada en Porta Real e a proba atravesará os Cantóns, Linares Rivas, a estrada do porto e o interior dos peiraos.

As primeiras persoas clasificadas na carreira Coruña10 obterán distintos premios económicos en función da categoría e a súa procedencia. Haberá un total de 9.700 euros para os mellores corredores e corredoras. Ademais, aquelas persoas participantes que batan o récord da proba tanto na categoría masculina (28'09") como na feminina (31'40") obterán un premio de 2.000 euros. O regulamento, así como todos os servizos que ofrece Coruña10, poderán atoparse na web municipal www.coruna.es/carreraspopulares.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión