Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Usos IDM - Tempada 2024-25

20-06-2024 - Requirimentos de emenda de documentación

Publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas á convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas de adestramento durante a tempada 2024-2025:   Anuncio requirimentos de emenda

Prazo de presentación de emendas: 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación, é dicir, ata o 28.06.2024 (incluído)

Acceso á Sede Electrónica: Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente

Documentos relacionados:

CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADESTRAMENTO DURANTE A TEMPADA 2024-25

Pode consultar as bases completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto no pé da páxina:

QUEN PODE SOLICITALO?

Poderán solicitar, mediante este procedemento, o uso das instalacións deportivas municipais os seguintes suxeitos:

  1. Entidades deportivas con sede social na cidade da Coruña, definidas polo artigo 40 da Lei do deporte de Galicia: clubs deportivos, agrupacións deportivas escolares, seccións deportivas e federacións deportivas, todas elas sen ánimo de lucro.
  2. Deportistas individuais con licenza federativa empadroados/as na cidade da Coruña que precisen as instalacións deportivas municipais para realizar adestramentos. Considérase deportista individual aquela persoa que practique unha modalidade deportiva de carácter individual. Ten a consideración de deporte individual a modalidade deportiva que sexa practicada por un/unha ou dous/dúas deportistas como máximo en función do seu regulamento.
  3. Sociedades anónimas deportivas con sede social na cidade da Coruña, sempre e cando non dispoñan dunha instalación propia ou cedida para adestramentos e realicen as súas competicións na cidade da Coruña.

PROCEDEMENTO

O procedemento polo que se lle distribuirán as horas de utilización privativa das instalacións deportivas municipais ás entidades solicitantes será o de concorrencia competitiva, mediante o cal se pretende garantir o reparto máis equitativo posible entre os/as solicitantes que presenten características similares.

A instrución do procedemento corresponderalle ao Servizo Municipal de Deportes, e a resolución ao concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, por delegación da Xunta de Goberno Local.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As entidades deberán solicitar as instalacións e os horarios que se axusten ás súas necesidades, atendendo á modalidade deportiva que se pode practicar en cada instalación e ao horario ofertado nesta convocatoria de acordo coa oferta de horas dispoñibles, a cal pode consultar a continuación:

As solicitudes presentaranse unicamente a través dun procedemento específico na Sede Electrónica no apartado correspondente á Convocatoria de Usos das Instalacións Deportivas Municipais, no prazo de DEZ (10) DÍAS NATURAIS (ATA O 15 DE XUÑO AS 23.59 H) desde o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web municipal de Deportes.

Pódese acceder directamente á sede electrónica a través da seguinte ligazón:  

Documentos relacionados

  • BASES - Convocatoria usos Instalacións Deportivas Municipais -Tempada 2024-25 (786 KB)
  • Oferta horas usos IDM tempada 2024-25 (664 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión