Dende o 27/01/2025 ata o 07/02/2025
Inscrición para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.
Entre os días 17 e 24 de febreiro de 2025 terá lugar a II edición das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025).
Organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, estas xornadas teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Fará a solicitude en liña directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través da ficha de inscrición, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.
O prazo de inscrición para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade será do 27/01/2025 ata o 07/02/2025 ás 14.00 horas.
Máis información na páxina do programa: II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) .
Programa ao que pertence
As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible