21 de xullo de 2023
Publícanse as listaxes definitivas das persoas seleccionadas e de agarda (e excluídas) para participar no PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA XI, organizado pola Concellaría de Educación do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os 9 centros docentes asociados
Reunida a Comisión de Valoración, o 21 de xullo de 2023, realizada a baremación da documentación presentada polas persoas admitidas (segundo a cláusulas 6 das bases do dito proceso), resoltas as alegacións e as renuncias, e unha vez realizadas as xestións de busca de empresas nos paises de destino, (en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico), procédese á publicación das ditas listaxes definitivas (no documento relacionado):
a) Das persoas seleccionadas (tantos como prazas se oferten no programa), sinalando o país de destino*.
* Os destinos indicados tamén son provisionais, tal como se recolle na cláusula 2 das bases: "Non obstante, o órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico nos destinos solicitados".
b) Das persoas que, cumprindo os requisitos, non acadan o número de orde que lles permita participar no programa por exceder do número de prazas. Estas persoas constituirán a listaxe de agarda.
c) Das persoas solicitantes que non compren os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión.
Ábrese un prazo un prazo de 5 días naturais a contar desde o día seguinte a esta publicación (do 24 ao 31 de xullo) para a aceptación de participación no programa que, segundo o punto nº 12 das bases, deberá ser comunicada por escrito ao SME a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Transcorrido o dito prazo sen que se produza tal comunicación entenderase que renuncia a súa participación no programa. De se presentar a comunicación por medio dalgún rexistro non municipal deberase remitir copia escaneada da mesma (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico ao SME (educacion@coruna.gal) dentro do prazo de aceptación.
As persoas participantes incluídas na listaxe de agarda substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa ou que non poidan participar nel.
Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo educacion@coruna.es ou no teléfono 981 184 200, extensión 12114.
Programa ao que pertence
Programa inscrito no programa Erasmus+ da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible