3 de junio de 2024
No mes de xuño desenvolveranse máis dunha trintena de actividades para dar por clausurado o programa municipal
Ao longo do mes de xuño desenvolveranse diversas actividades de clausura do programa A Coruña Tardes. Por unha banda, "actividades de portas abertas", en 9 centros e, por outra, 32 actividades de exhibición e representacións, no resto dos centros inscritos no programa (ver programa adxunto ).
A Coruña Tardes é un programa de actividades extraescolares do Concello da Coruña, organizadas pola Federación Provincial de ANPAS de centros públicos, que vai dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos centros públicos do concello. Desenvólvese en horario de luns a venres, de 16.00 a 18.00 horas e consta de 3 subprogramas: Arte e cultura no centro; Deporte no centro e Idiomas no centro.
No curso 2023/24, participaron 2.359 escolares de 25 centros, en 34 actividades, organizados en 160 grupos.
Documentos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible