O Consello Escolar de centro é un órgano colexiado de participación da comunidade educativa e de obrigada constitución. Nel están representados todos os sectores que conforman a comunidade educativa: as nais e pais, o profesorado, o alumnado, o Concello e o persoal de administración e servizos.
Os/as Representantes Municipais participarán no Consello Escolar de cada centro educativo como un membro máis e cumprirán coas funcións e tarefas encomendadas pola lexislación vixente.
Con todo, TRÁTASE DUNHA REPRESENTACIÓN INSTITUCIONAL, de forma que a súa actuación ten que ser especialmente responsable, rigorosa e cualificada.
Funcións
Funcións dos/das representantes municipais:
Nomeamento
Os/as representantes municipais son nomeados/as pola Alcaldesa da Coruña, previa autorización do Concelleiro de Educación, Emprego e Relaciónes Institucionais a proposta do Servizo Municipal de Educación.
Esta listaxe dos/das Representantes Municipais de centros públicos da Coruña atópase na ligazón: Representantes municipais Curso 2022-23
Máis información
Servizo Municipal de Educación
Ana Judel Prieto. 981 184 200 - Ext.: 10259
Consellos Escolares e Representantes Municipais: Lexislación vixente
Guía manual de consulta da FEMP (IMPORTANTE: os capítulos sobre lexislación non están actualizados).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible