Sede do Consello Escolar
Os Consellos Escolares municipais son órganos colexiados a través dos que os sectores interesados no ensino non universitario participarán na programación do mesmo no ámbito municipal, tal e como os define a Lei 3/1986, sobre Consellos escolares de Galicia.
No desenvolvemento da Lei, o Decreto 44/1988 desenvolve e regula, xunto ao Consello Escolar de Galicia e os Consellos territoriais, a composición e procedemento de elección do Consello Escolar municipal, determinando no seu art. 31.1 que nos concellos de máis de 25.000 habitantes, o Consello Escolar municipal terá a seguintes composición:
"1.1. O alcalde ou membro da Corporación en que delegue, que será o presidente.
1.2. Dez profesores dos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia propostos por sindicatos ou asociacións profesionais proporcionalmente á representación obtida nas eleccións sindicais do sector docente, no municipio, distribuídos da seguinte forma:
1.2.1. Seis do ensino público.
1.2.2. Catro do ensino privado.
1.3. Seis pais de alumnos propostos pola federación de asociacións de pais de alumnos (que no caso da Coruña, segundo o seu Regulamento Interno, distribúense: catro para a Federación de Anpa de centros públicos e dous para a de centros privados concertados).
1.4. Catro alumnos elixidos polos representantes dos alumnos en Consellos Escolares dos centros existentes no municipio.
1.5. Dez membros elixidos segundo o que dispoña a Corporación municipal, de acordo co establecido no artigo 16.1.b) da Lei do Parlamento de Galicia 3/1986, do 18 de decembro."
COMPETENCIAS
E no artigo 27.1, do dito Decreto determínase que
"Os Consellos Escolares municipais serán consultados pola Administración educativa e deberán ser consultados tamén polos respectivos Concellos sobre as seguintes cuestións:
BREVE HISTORIA DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DA CORUÑA
O Consello Escolar Municipal da Coruña é, probablemente, o máis antigo de Galicia. Creouse a consecuncia da aprobación do Decreto do 4 de decembro de 1980, que regulaba os órganos colexiados de goberno dos centros públicos e determinaba a posibilidade de crear Consellos Escolares municipais.
Consulta:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible