25/11/2024
Acceso libre até completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
O luns 25 de novembro ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza, dentro do proxecto Memoria Emocional do barrio, unha charla de Ana Romero Masiá, baixo o título "Un barrio que foi concello, Santa María de Oza".
Ana Romero Masiá é licenciada en Historia Antiga e Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e máis tarde fixo o seu doutoramento en Historia na Universidade da Coruña. Durante os anos oitenta foi a arqueóloga encargada das escavacións do castro de Borneiro. Foi directora do Instituto Monte das Moas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible