22 de maio de 2020
Esta proposta é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, para as familias que xustifiquen a necesidade de conciliar
A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta.
Toda a información de Con Cilia no cole
Tríptico de información Con Cilia no cole : datas, horarios e servizos, prazos de inscrición, cotas...
A inscrición realízase a través deste Formulario de inscrición
Consulta toda a oferta municipal de Campamentos de Verán 2020.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible