Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de reunión para as familias participantes no programa Idiomas do Mundo

Cando:

1 de xullo de 2024

Á reunión convócase tamén ás cinco primeiras persoas da listaxe de agarda, en previsión de posibles cambios na listaxe de persoas seleccionadas

Unha vez finalizado o prazo de aceptación e renuncia, e de acordo ás novas listaxes de persoas seleccionadas e de agarda, convócase ás familias das persoas seleccionadas para participar no programa Idiomas do Mundo 2024 a unha reunión informativa este martes, 2 de xullo, a partir das 18.00 horas, no centro cívico de San Diego. Na reunión daranse os detalles da estadía dun mes en Irlanda e darase a información do programa.

Á reunión convócase tamén ás cinco primeiras persoas da listaxe de agarda, en previsión de posibles cambios na listaxe de persoas seleccionadas.

Programa ao que pertence

  • Idiomas do mundo 2024

    O programa ofrece a oportunidade de perfeccionar o dominio de idioma inglés e profundar no coñecemento real doutra cultura, obtendo ademais un certificado oficial do nivel alcanzado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

    Máis información

Documentos relacionados

  • IDM 2024: lista definitiva tras renuncias (130 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión