16 de enero de 2024
A alcaldesa asistiu hoxe ao acto de toma de posesión do novo reitor da Universidade da Coruña, que substitúe a Julio Abalde
A alcaldesa, Inés Rey, asistiu este martes á toma de posesión do novo reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao Abad. O acto realizouse ao mediodía na sede do Paraninfo da UDC, na Mestranza.
A rexedora desexoulle a Cao Abad "toda a sorte e éxitos nesta nova etapa", na que o novo reitor recolle o testemuño de Julio Abalde, que ostentou o cargo á fronte da Universidade da Coruña durante dous mandatos consecutivos, desde o ano 2016 e ata a actualidade.
"Despedimos unha etapa exitosa, da man de Julio Abalde, na que se puxeron en marcha numerosos proxectos de relevancia tanto para a Universidade como para a cidade", valorou Inés Rey. A este respecto, a alcaldesa subliñou que "tal e como viñamos facendo, desde o Concello imos seguir traballando cunha institución tan importante como a UDC, nesa liña de colaboración xa establecida".
Ademais de Ricardo Cao Abad, que inicia agora un mandato de seis anos como reitor, tamén tomou posesión hoxe o equipo de goberno que o acompañará nesta nova andadura.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible