22 de abril de 2025
Este programa municipal acadou este ano unha elevada participación con case un cento de alumnos de centros educativos da cidade
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá o acto de entrega das licenzas de venda ás 16 cooperativas de oito centros educativos da cidade que participan este ano no Proxecto Semente. Este programa municipal, que chega á súa edición número 18, ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor, a cooperación e a economía social entre o alumnado de Primaria dos centros educativos da cidade.
Rey, que estivo acompañada pola concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, sinalou que "os nenos e nenas que participan neste programa verán recompensado todo o esforzo e ilusión postos durante todo o ano na creación dos seus propios proxectos emprendedores e sentarán as bases para as seguintes edicións". No acto, celebrado no Salón de Sesión do Palacio Municipal de María Pita, participaron os 97 alumnos e alumnas que forman parte desta edición. Tamén estiveron presentes 17 profesores dos oito centros participantes.
Durante o acto, os diferentes presidentes e presidentas das 16 cooperativas presentes recibiron a súa licenza, que lles permitirá vender os seus produtos no mercado de San Agustín durante a xornada programada para o 24 de maio, en horario de 10.30 a 14.30 horas. Ademais, puideron explicar ao resto dos seus compañeiros en que consisten os seus proxectos.
Desde a súa posta en marcha no curso 2007/2008, o proxecto Semente ten implicado a máis de 5.000 escolares, que constituíron ao longo de dezaoito edicións un total de 273 cooperativas escolares. A través de módulos formativos impartidos durante o curso, o alumnado aprende a crear e xestionar a súa propia cooperativa escolar, asumindo tarefas de organización, toma de decisións democráticas, elaboración de produtos, promoción e planificación de vendas. A filosofía do programa promove tamén o coñecemento do comercio xusto, a igualdade e a responsabilidade social. A alcaldesa destacou que "proxectos como Semente son unha mostra do compromiso do Concello coa educación en valores e coa formación práctica e cidadá das novas xeracións".
Centros e proxectos participantes
CENTRO EDUCATIVO |
CURSO |
Nº PERSOAS SOCIAS |
NOME DA COOPERATIVA |
CEIP Anxo da Garda |
6ºA |
17 |
Festa Rachada |
6ºB |
20 |
Arte da Garda |
|
CEIP Manuel Murguía |
6º |
24 |
Keep The Calm |
CPR Hijas de Jesús |
4ºA |
23 |
Natushop |
4ºB |
25 |
Os navegantes |
|
4ºC |
25 |
Videonajes |
|
4ºD |
25 |
Crazy Toys |
|
CPR Sagrado Corazón |
6ºA |
25 |
Alucine |
6ºB |
25 |
Rewind Studios |
|
6ºC |
25 |
Del mar cero |
|
CEIP Novo Mesoiro |
5ºA |
24 |
A Fraga Encantada |
5ºB |
25 |
Mesoiro Chef |
|
CEEPR Nª Sª de Lourdes |
E.E |
11 |
Arteamigos |
CPR Montegrande |
6º |
25 |
Montefantasy |
CEIP San Pedro de Visma |
5ºA |
17 |
Ecovisma |
5ºB |
17 |
Proxecto Cinema |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible