26 de septiembre de 2024
O concelleiro de Educación participou na presentación da edición número 23 do certame
O concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, participou esta mañá na presentación do XXIII Festival Intercentros do vindeiro 2025. O acto realizouse no salón de actos de Afundación, e contou con Rodrigo Hidalgo, organizador do certame, entre outras persoas.
A Asociación Cultural Festival Intercentros quíxolles agradecer a súa colaboración a todas as persoas e entidades que participan neste evento, con data e espazo aínda por determinar ao longo do próximo ano. "Hai que agradecer o traballo que levan a cabo as entidades sociais e benéficas da cidade, e por iso é importante este certame, que cada ano destina a recadación a diferentes organizacións que traballan pola igualdade", sinalou Juan Ignacio Borrego. No 2025, as entidades beneficiais serán ABAC, Selvas Amazónicas e Banco de Alimentos Rías Altas.
O edil subliñou a súa satisfacción por seguir apoiando desde o Goberno de Inés Rey un evento que xunta o talento de mozos e mozas coa solidariedade. "É magnífico ver cada ano a tanta xente aplaudir o esforzo dos músicos e bailaríns que levan traballando todo o curso co seu profesorado", destacou Borrego, quen animou a toda a cidadanía a asistir á vindeira edición.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible