Concello da Coruña

Concello da Coruña

"La chimera", de Alice Rohrwacher

Cando:

Os días 21/11/2024, 22/11/2024, 23/11/2024

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

130 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h, con prezo único de 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección..
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Todos temos unha quimera, algo que desexamos facer, ter, pero que nunca atopamos.

Todos temos unha quimera, algo que desexamos facer, ter, pero que nunca atopamos. Para a banda de "tombaroli", os ladróns de antigas tumbas e de xacementos arqueolóxicos, a quimera é soñar con deixar de traballar e facerse ricos sen esforzo. Para Arthur, a quimera parécese a Benjamina, a muller que perdeu. Con tal de atopala, Arthur enfrontarase ao invisible, indagará por todas as partes, penetrará na terra, decidido a atopar a porta que leva ao Máis Ala de que falan os mitos. No seu ousado percorrido entre vivos e mortos, bosques e cidades, festas e soidades, os destinos dos personaxes crúzanse, todos en busca da súa quimera.

Enlace ao tráiler: https://youtu.be/N8zZYGpeMLk

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Ventd no despacho do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión