11 de diciembre de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe na entrega de premios ás e aos 16 gañadores do certame, organizado pola asociación STOP Accidentes coa colaboración do Concello
O Palacio Municipal de María Pita acolleu hoxe a entrega de premios da nova edición do programa 'Ahora vamos andando al cole', unha iniciativa educativa en materia de seguridade viaria que organiza cada ano a asociación STOP Accidentes co apoio do Concello e que nesta ocasión contou coa participación dunha ducia de centros escolares da cidade da Coruña.
A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor o traballo e implicación de STOP Accidentes "coa construción dunha cidade máis segura e respectuosa" e destacou a importancia do programa, "que logra unir a comunidade educativa, familias e institucións para loitar por un obxectivo común: garantir a seguridade das crianzas no día a día".
Un cento de persoas asistiron á entrega de galardóns. Entre elas, as 34 rapazas e rapaces finalistas do certame, aos que acompañaron os seus familiares e achegados. No acto expuxéronse os traballos das e dos 16 gañadores do concurso, que amosaron a súa creatividade, imaxinación e compromiso coa seguridade viaria e transformación e mellora da mobilidade na cidade a través de cartas ou debuxos.
No acto, que tivo lugar esta tarde no Salón de Sesións do Palacio Municipal, tamén participaron a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz; o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego; a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz; a delegada de STOP Accidentes en Galicia, Jeanne Picard; a xefa provincial de Tráfico na Coruña, Victoria Gómez Dobarro; o comisionado para a Mobilidade do Concello, Antonio Alfeirán; o intendente da Policía Local e xefe da unidade de Tráfico da Coruña, José Manuel Rico e a coordinadora técnica de STOP Accidentes, Ángela Jiménez.
A listaxe de gañadoras e gañadores
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible