25 de marzo de 2025
O Concello impulsa este proxecto que fomenta a expresión oral e o humor en galego entre a mocidade
Este xoves, 27 de marzo, o auditorio do Centro Sociocultural Ágora converterase no epicentro da comedia escolar coa gran gala final do programa 'Gargallada', un proxecto impulsado polo Goberno de Inés Rey que fomenta a expresión oral e o humor en galego entre a mocidade. O evento, con entrada de balde ata completar capacidade, será ás 17.00 horas.
Nesta primeira edición, 14 estudantes de 12 centros educativos do Concello da Coruña subirán ao escenario para presentar os seus monólogos, froito dun intenso proceso de aprendizaxe guiado por profesionais do humor. As madriñas e padriños da comedia que participaron no proceso de formación conducirán a gala, garantindo unha tarde chea de risas e talento. Entre eles estarán Marita Martínez, Víctor Grande, Oswaldo Digón e Ángela Triana.
Os 14 monólogos finalistas competirán en dúas categorías: Pillabáns (1º e 2º da ESO) e Falcatruáns (3º, 4º da ESO e 1º de Bacharelato). Un xurado cualificado, formado por personalidades da comedia (Eva Veiga e Santi Gutierrez) e persoal de Normalización Lingüística do Concello (Xulia Rigueiro), avaliará as actuacións en base á calidade dos textos, a posta en escena e o uso da lingua galega, recoñecendo o esforzo e a creatividade dos participantes.
O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, asistirá para compartir esta experiencia co alumnado, o profesorado e o público asistente, apoiando esta iniciativa do Goberno de Inés Rey, que "demostra que o humor pode ser unha poderosa ferramenta de expresión e dinamización da nosa lingua". Gargallada consolídase así como unha iniciativa fundamental no panorama educativo e cultural da Coruña.
Programa al que pertenece
Prepara a tu alumnado para una aventura donde el humor, la creatividad y nuestra lengua gallega se unen en una explosión de carcajadas y aprendizaje.
Más informaciónEventos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible