16 de mayo de 2024
As persoas interesadas poderán facer as súas solicitudes do luns 20 ao mércores 22 de maio preferentemente en liña
Un ano máis, o Concello da Coruña pon en marcha o proceso de solicitude dos campamentos municipais de verán, unha iniciativa do Goberno de Inés Rey para facilitar a conciliación das familias coruñesas durante os meses de vacacións escolares e para que os nenos e nenas da cidade poidan gozar de actividades deportivas, de lecer e de aire libre.
Todos os campamentos ofrecen prazas para nenos e nenas con necesidades especiais. O prazo para realizar as solicitudes ábrese o vindeiro luns, día 20 de maio, e finalizará o mércores día 23. As solicitudes faranse en liña na páxina web Campamentos de Verano 2024 onde estarán os formularios de inscrición e toda a información relativa ás distintas modalidades de campamentos.
O calendario de inscrición e o seguinte:
*Só para campamentos urbanos nos centros cívicos, de día e de pernoctación
As e os menores participantes deberán cumprir os requisitos específicos dos campamentos nos que se inscriban e para a obtención de praza terán preferencia os/as menores empadroadas/os no Concello da Coruña e aquelas/es cuxos/as proxenitores/as estean ambos/as traballando, ou teletraballando no caso de familias monoparentais.
Listaxe de campamentos municipais do 2024
Campamentos urbanos nos centros cívicos
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 1/01/2012 ao 31/12/2020.
Datas: do 1 de xullo ao 10 de setembro en 5 quendas.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: entre 26 e 32 euros.
2.250 prazas
Campamentos de día
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 1/01/2012 ao 31/12/2020.
Datas: do 1 de xullo ao 30 de agosto en 4 quendas.
Horario: de luns a venres das 10.00 ás 18.00 horas.
Prezo: 85 euros.
416 prazas
Campamentos tradicionais de pernoctación
Persoas destinatarias: rapaces e rapazas nados do 1/01/2008 ao 31/12/2016.
Datas: do 2 de xullo ao 28 de agosto en 4 quendas de 7 días.
Prezo: 85 euros.
180 prazas
Campamentos deportivos
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 1/01/2012 ao 31/12/2018.
Datas: do 1de xullo ao 30 de agosto en 4 quendas.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: 48,18 euros.
480 prazas
Campacoles
Persoas destinatarias: escolares matriculadas/os nos CEIPs do Concello da Coruña no actual curso 23/24.
Datas: do 25 de xuño ao 31 de xullo nunha quenda de catro días en xuño e dúas quincenas en xullo.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: 16 a 40 euros.
1.215 prazas
Summer talk
Persoas destinatarias: escolares matriculados/as nos cursos 1.º a 6.º de educación primaria e 1.º a 3.º de ESO en centros públicos do Concello da Coruña no curso 23/24.
Datas: do 25 de xuño ao 26 de xullo en 5 quendas.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: 16 a 20 euros.
225 prazas.
Campamentos do Fórum e do Ágora
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 1/01/2012 ao 31/12/2020.
Datas: do 25 de xuño ao 30 de agosto en 5 quendas.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: entre 35 e 45 euros.
1.350 prazas
Campamentos de mocidade
Persoas destinatarias: mozas e mozos de 12 a 17 anos (nados entre 2007 e 2012).
Datas: xullo en 2 quendas de 9/10 días.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: gratuíto.
100 prazas
Escola de verán da OMIC
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 1/01/2014 ao 31/12/2020.
Datas: do 1 ao 31 de xullo.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: gratuíto.
80 prazas
Máis información en www.coruna.gal/campamentos2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible