Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello abre o prazo de solicitudes para optar ás Bolsas Norteamérica, cunha oferta dun mínimo de 25 prazas para o curso educativo 2025-26

Cuándo:

20 de noviembre de 2024

A convocatoria, dirixida ao alumnado dos centros educativos coruñeses que cursa actualmente o cuarto ano de Secundaria, permitirá que as e os beneficiarios vivan o seu primeiro ano de Bacharelato en Norteamérica

O Concello da Coruña abriu, o pasado xoves 21 de novembro, o prazo de solicitude das Bolsas Norteamérica 2025-26, que inclúe unha oferta dun mínimo de 25 prazas para que as alumnas e alumnos dos centros educativos coruñeses que cursan 4º da ESO este ano poidan darlle continuidade á súa formación en Norteamérica durante o curso 2025-26, no seu primeiro ano de Bacharelato.

A posta en marcha deste programa supuxo un fito para o Concello, que foi pioneiro na creación desta iniciativa. As bolsas permiten que o alumnado dos centros educativos coruñeses, teña, ano tras ano, a posibilidade de cursar estudos no estranxeiro, adquirindo un dominio avanzado da lingua inglesa e, de paso, coñecendo e vivindo polo miúdo a cultura e sociedade do país de acollida.

O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, lembrou que, como xa é habitual na configuración das bases da convocatoria, "o Goberno de Inés Rey ten especialmente en conta a situación socioeconómica das familias solicitantes", de aí que, tal e como se detalle nas bases, xa dispoñibles na web do Concello, haxa dous tipos de bolsa:

  • Bolsa con cobertura total: serán beneficiarias e beneficiarios as rapazas e rapaces que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos.
  • Bolsa con cobertura parcial: o Concello asumirá un mínimo do 65% e un máximo do 95% do custo da praza da alumna ou alumno seleccionado. Isto quere dicir que, en ningún caso, as familias terán que achegar máis do 35% do custo da praza.

O prazo de inscrición pecharase o mércores 4 de decembro

Borrego abundou hoxe nos principais detalles do programa e da cobertura que ofrece. A estadía en Norteamérica durante o período correspondiente ao ano académico, tamén a tramitación e obtención do visado de entrada no país. Ademais, a bolsa inclúe as viaxes de ida e volta desde A Coruña á poboación de destino, asistencia sanitaria e 120 euros mensuais durante os meses de estadía, en concepto de axuda á manutención.

"Ademais, haberá unha achega de 400 euros para o alumnado con menos recursos económicos", agregou o concelleiro. Esta achega avaliarase previamente polos servizos sociais municipais.

As solicitudes poderán presentarse dende o xoves 21 de novembro e ata o mércores 4 de decembro, ambos os días incluídos.

O primeiro paso será cubrir unha ficha específica de inscrición a través da web de Educación, que deberá presentarse posteriormente, acompañada por toda a documentación requirida, a través dos rexistros oficiais do Concello.

Cómpre lembrar que xa se publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o extracto coas bases da convocatoria, dispoñible aquí para a súa consulta.

Programa al que pertenece

  • Becas Norteamérica 2025-2026

    Programa en el que al alumnado de 4.º de la ESO, residente en la ciudad de A Coruña, se le ofrece la oportunidad de cursar el Grado 11 (equivalente a 1.º de Bachillerato) en Canadá.

    Más información

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión