Concello da Coruña

Concello da Coruña

O novo San Andrés avanza coa extensión do pavimento e a plantación das moreiras que o configurarán como bulevar

Cando:

13 de novembro de 2024

A alcaldesa, Inés Rey, acompañou aos nenos e nenas de 5º de Primaria do Eusebio da Guarda na plantación dunha das árbores

Alumnas e alumnos do CEIP Eusebio da Guarda protagonizaron hoxe o acto simbólico que marcou o punto de partida da plantación do novo arboredo en San Andrés, onde xa son visibles as moreiras de Valdeorras que darán forma ao bulevar da rúa, ao abeiro das obras de reurbanización que está a executar o Concello. 

A orixe desta iniciativa ten as súas raíces nunha carta que recibiu a rexedora dun dos alumnos participantes no acto, Javier Burque, que solicitou ao Concello apostar por unha cidade máis verde e con máis arboredo. Hoxe, Burque e os seus compañeiros plantaron eles mesmos unha árbore nunha rúa onde non as había e que con cerca de 80 exemplares pasará a ser un bulevar. A este respecto, xa se plantaron 15 moreiras en San Andrés, e nos vindeiros días chegarán á rúa outro medio cento de exemplares.

A alcaldesa, Inés Rey, e a directora do colexio, María Blanco, acompañadas polas titoras da rapazada, acompañaron ás 24 nenas e nenos, na plantación da mesma especie que xa había en San Andrés a finais do século XVIII. A única diferencia é a variedade de moreira. As actuais son fruitless, para evitar os froitos manchen o pavimento. 

O acto desta mañá, ao que tamén asistiron os concelleiros e concelleiras José Manuel Lage, Francisco Díaz Gallego e Noemí Díaz, tivo lugar na contorna da igrexa castrense de San Andrés, onde este luns comezaron os traballos de formigonaxe previstos no treito entre a rúa Nova e Pórtico de San Andrés, cos primeiros remates na plataforma central delimitada para o paso do tráfico rodado, con dous carrís de circulación, un por sentido.

Neste sentido, e a medida que avancen as obras cara o cruzamento de San Andrés coa praza de Pontevedra, o Concello ten previsto que a plantación das moreiras se vaia levando en cabo en paralelo ás obras de pavimentación e ampliación das beirarrúas, coa progresiva creación dos espazos e alcorques necesarios para ubicar o arboredo.

Rey lembrou que o Concello, que destina 3,2 millóns de euros ás obras de mellora na rúa, busca revitalizar San Andrés atendendo á súa postal orixinal, respectando e devolvendo á actualidade parte da súa imaxe histórica, e tamén tendo en conta as súas necesidades actuais, "potenciando a visibilidade dos pequenos negocios e gañando espazos públicos para o paso das e dos peóns".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión