21 de xaneiro de 2019
As persoas admitidas realizarán unha entrevista de valoración persoal os días 23 e 24 de xaneiro de 2019
Publícanse as listaxes definitivas das persoas admitidas e excluidas para participar na seleción das 11 bolsas do programa de bolsas FP-Proxecto Acoreuropa VIII , organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados.
As persoas admitidas realizarán unha entrevista de valoración persoal os días 23 e 24 de xaneiro de 2019, segundo o calendario que aparece xunto coas listaxes.
Se algunha das persoas admitidas se atopa no extranxeiro ou fóra da Península ou por motivos laborais, non pode realizar a entrevista no día e hora previstas, terá que poñerse en contacto co Servizo Municipal de Educación, a través do correo educacion@coruna.es ou no teléfono 981 184 200 extensión 12038, para realizar a entrevista por teléfono ou skype, ou concertar unha nova cita presencial.
A publicación da listaxe provisional de persoas seleccionadas e a listaxe de agarda será publicada a partir do 28 de xaneiro.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible