19 de novembro de 2020
Este espectáculo levarase a cabo desde o 16 de novembro ao 10 de decembro
O alumnado de Educación Infantil dos CEIP da Coruña poden gozar de "Un Nadal xeitoso"desde o 16 de novembro ao 10 de decembro. Trátase dun tipo de espectáculo baseado na narración oral cuxo calendario de realización se distribúe da seguinte maneira:
- 16 de novembro: CEIP Manuel Murguía
- 19 de novembro: CEIP Wenceslao Fernández Flórez
- 20 de novembro: CEIP Alborada
- 23 de novembro: CEIP San Francisco Xabier
- 24 de novembro: CEIP San Francisco Xabier
- 25 de novembro: CEIP M.ª Barbeito e Cerviño
- 26 de novembro: CEIP Sagrada Familia
- 27 de novembro: EIM Rosales
- 30 de novembro: CEIP Raquel Camacho
- 01 de decembro: CEIP Cidade Vella
- 02 de decembro: EIM Luis Seoane e CEIP Anxo da Garda
- 03 de decembro: CEIP Emilia Pardo Bazán
- 04 de decembro: CEIP M.ª Pita
- 09 de decembro: CEIP Sal Lence
- 10 de decembro: CEIP Novo Mesoiro
"Un Nadal xeitoso"
"Un Nadal xeitoso" é a historia dun pequeno elfo, o Elfo de Nadal, que trae unha mensaxe moi importante para os nenos e as nenas da Coruña. Despois de falar con Papa Noel, e os Reis Magos e o Apalpador, chegaron a unha conclusión: se este ano queremos celebrar o Nadal, os nenos e nenas terán que superar unha serie de probas. Para iso, o Elfo explicaralles as normas básicas de hixiene e saúde para evitar a propagación do coronavirus.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible