14 de xuño de 2024
A escola infantil municipal organiza un encontro para entrega de documentación e información sobre o proxecto de escola
O luns 17 e o mércores 19 pola tarde a EIM Monte Alto abre a escola para que as familias se acheguen, de 16 a 17:30 horas, a recoller os documentos para a formalizar a matrícula, aclarar dúbidas e ter oportunidade dunha primeira toma de contacto co proxecto de escola.
Importante: Nestas tardes non é posible que asistan menores.
De luns 17 a xoves 20 en horario de 8 a 16 horas pódese recoller o sobre coa documentación da matrícula. O prazo finaliza o venres 21 ás 17 horas para entrega de documentación.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible